Freixo de flor

especie de planta
(Redirección desde «Fraxinus ornus»)

O freixo de flor[1] (Fraxinus ornus) tamén coñecido coma freixo do maná, é unha especie de árbore pertencente á familia Oleaceae.

Hábitat editar

É unha árbore nativa do sur de Europa e o suroeste de Asia, dende España e Italia de norte a Austria e a República Checa, e polo leste a través dos Balcáns, Turquía, e o oeste de Siria ao Líbano.[2][3][4].

Descrición editar

É unha árbore caducifolia de tamaño mediano que até os 15–25 m de altura cun toro de até 1 m de diámetro. A casca é cinsenta escura, ficando suave incluso en árbores vellos. Os gomos son de cor rosada pálido-marrón a cinsenta-marrón, cunha mesta cuberta de pelos curto de cor gris. As follas son opostas en pares, pinnadas de 20–30 cm de longo, con 5-9 folíolos, os folíolos son amplos ovoides de 5–10 cm de lonxitude e 2–4 cm de largo, cunha marxe finamente dentada e ondulada, cun curto pecíolo de 5–15 mm de longo; polo outono a cor é variábel, de amarelo a morado. Os gomos son de cor cinsenta ou cinsenta amarelento, diversamente que en Fraxinus excelsior e en Fraxinus angustifolia.

As flores prodúcense en densas panículas de 10–20 cm de longo despois de que aparezan as novas follas a finais da primavera, cada flor ten catro pétalos de cor branca cremosa de 5–6 mm de longo e son polinizadas polos insectos. O froito é unha esvelta sámara de 1,5-2,5 cm de longo, a semente de 2 mm e a ampla á 4–5 mm de larga, cando madura a súa cor é verde marrón.[2][5][6] Os froitos atópanse no ápice das franzas do úlmimo ano, a diferenza de Fraxinus excelsior e Fraxinus angustifolia.

Usos editar

Do zume tíranse extractos azucrados mediante unha fenda na casca;[2] esta substancia comparouse en tempos medievais, (polo c.1400) co bíblico maná, dando lugar ao nome en inglés da árbore.

Cultívase a miúdo coma unha árbore ornamental en Europa ao norte do seu rango nativo, cultivado polas súas flores decorativas. Algúns espécimes cultivados son enxertados sobre padróns de Fraxinus excelsior, adóitase ollar un cambio moi notábel na casca do enxerto.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
  2. 2,0 2,1 2,2 Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
  3. Flora Europaea: Fraxinus ornus
  4. Med-Checklist: Fraxinus ornus
  5. Mitchell, A. F. (1974). A Field Guide to the Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-212035-6
  6. Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar