Abrir o menú principal

Francisco López Carballo

pintor e político galego
(Redirixido desde "Francisco Luis López Carballo")

Francisco Luis López Carballo, nado en Santiago de Compostela en 1920 e finado o 5 de agosto de 1992, foi un pintor e político galego.

Francisco López Carballo
Nacemento1920
 Santiago de Compostela
Falecemento5 de agosto de 1992
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo do pintor Juan Luis. Foi profesor de debuxo no Instituto Rosalía de Castro (1950), na facultade de Ciencias e na Escola de Artes e Oficios. Foi concelleiro e despois alcalde de Santiago de Compostela (1964-1974), deputado provincial e procurador en Cortes (1967-1970) como representante dos concellos da provincia da Coruña. Baixo o seu mandato, a corporación municipal promoveu a derruba do coñecido Edificio Castromil, que se materializou baixo o mandato do seu sucesor Antonio Castro, a pesar das numerosas protestas de arquitectos e da prensa da época (a excepción do xornal local, El Correo Gallego)[1].


Predecesor:
Ángel Porto Anido
  
Alcalde de Santiago
 
1964 - 1974
Sucesor:
Antonio Castro García

RecoñecementosEditar

  • En 1965 foille concedida a Cruz ao Mérito Naval de terceira clase.
  • En 1975 foille concedida a Gran Cruz de Afonso X o Sabio.

NotasEditar

  1. Pintos Barreiro, Mercedes Gualteria. A lume lento. Cen anos de hostelería en Compostela. Domingo García-Sabell (limiar). Consorcio de Santiago. p. 67-69. ISBN 84-921371-9-3. 

Véxase taménEditar