Abrir o menú principal

Ángel Porto Anido

avogado, industrial e político galego

Ángel José Porto Anido, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 2006[1], foi un avogado, industrial e político galego.

Ángel Porto Anido
Nacemento24 de febreiro de 1919
 Santiago de Compostela
Falecemento8 de setembro de 2006
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, avogado e industrial
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Foi concelleiro con 22 anos, tenente alcalde e alcalde de Santiago de Compostela (1957-1964). Foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956), presidente do Aero Club de Santiago (1967-1970) e da Deputación da Coruña (1970-1974) e procurador en Cortes e conselleiro nacional (1970-1974) en representación da Deputación. Fundou a editorial Porto y Cía. e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988). Despois da Transición, seguiu en política como dirixente de Falange Española en Galicia.


Predecesor:
Enrique Otero Aenlle
  
Alcalde de Santiago
 
1957 - 1964
Sucesor:
Francisco López Carballo
Predecesor:
Rafael Puga Ramón
  
Presidente da Deputación da Coruña
 
1970 - 1974
Sucesor:
Lino Rodríguez Madero

Outras menciónsEditar

Alférez provisional con 17 anos, conselleiro-administrador de Editorial Compostela, presidente do Consello Diocesano de Homes de Acción Católica, da Liga de Amigos de Compostela e do Grupo teatral Ditea.

MéritosEditar

Comendador da Orden do Mérito Civil, Medalla de Prata ao Mérito Turístico, Cruz de Guerra, Medalla da Cruz Vermella ao Mérito Militar, Medalla de Prata da Cidade de París e nomeamento como Concelleiro Honorario de París.

NotasEditar

  1. "Fallece Ángel Porto, alcalde de Compostela entre 1957 y 1964". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2006. 

Véxase taménEditar