Antonio Castro

avogado e político galego
(Redirección desde «Antonio Castro García»)

Antonio Castro García, nado en Ordes en 1925 e finado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 2011, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaAntonio Castro
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1925 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de outubro de 2011 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
4 de abril de 1976 – 30 de xuño de 1977
← Jaime Hervada y Fernandez España (en) Traducir
Alcalde de Santiago de Compostela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na cidade de Santiago. Vencellado ás cúpulas dirixentes locais durante o franquismo, foi membro do consello local do Movemento Nacional, e concelleiro compostelán polo terzo familiar. En xaneiro de 1974 foi designado alcalde de Santiago[1], posto no que permaneceu ata a chegada das primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979. Baixo o seu mandato foi derrubado o Edificio Castromil, estando nunha posición favorable á súa desaparición. Militante primeiro de Alianza Popular e logo do Partido Popular, foi tamén director xeral de Xustiza na Xunta de Galicia.

Relacionado tamén co deporte santiagués, foi presidente do Obradoiro CAB e do club local de tiro olímpico, así como membro do consello de administración de El Correo Gallego, do que foi nomeado presidente de honra.


Predecesor:
Francisco López Carballo
  
alcalde de Santiago
 
1974-1979
Sucesor:
José Antonio Souto Paz

Galardóns editar

Vida persoal editar

Casou con Filomena Carballal e foi pai de Antonio, Teresa e María José Castro Carballal.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar