Francisco Javier Díaz Fernández

militar galego

Francisco Javier Díaz Fernández, nado na Coruña o 2 de setembro de 1785 e finado en Santiago de Chile en agosto de 1822, foi un militar galego.

Francisco Javier Díaz Fernández
Nacemento2 de setembro de 1785
 A Coruña
Falecementoagosto de 1822
 Santiago de Chile
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Francisco Díaz Castañón e Manuela Fernández de Mera, foi irmán de Antonio Díaz Fernández. Foi bautizado na igrexa parroquial de San Nicolás da Coruña o 3 de setembro de 1785, sendo apadriñado por Francisco Javier de Arravía, administrador de tabacos da cidade, recibindo o sacramento de mans do Lorenzo Antonio Folgueira y Saavedra, que lle impuxo os nomes do seu padriño. Fixo carreira como militar, e trasladouse a Montevideo, onde se atopaba xa o seu irmán Antonio. Díaz dedicouse á carreira náutica, e posuía unha cultura extraordinaria, sobresaíndo como políglota e matemático. Gran coñecedor da língua e literatura francesas, dominaba correctamente o inglés e o italiano, e como di Miller nas súas Memorias, "Profundizaba en matemáticas, coñecía o método de fortificar e coroaba as súas dotes intelectuais e os seus coñecementos coa distinguida cualidade de ser moi sociable".

Igual que o seu irmán Antonio, fixo a carreiras de armas e sumouse á causa revolucionaria da independencia americana,

O 5 de decembro de 1812, o Triunvirato que gobernaba Arxentina extendeu a favor de Díaz o despacho de subtenete do Reximento de Infantería número 4, mais para poder continuar naquel exército necesitaba obter a carta de cidadanía americana que lle foi concedida o 23 de xuño de 1813, por disposición da Asemblea Constituínte. Mais Díaz, que formaba parte das forzas sitiadoras de Montevideo desde o seu ingreso no exército arxentino, perdeu aquel documento, segundo comunicación do xeneral Rondeau ao Goberno de Bos Aires. Apresurouse este a comunicarlle á Asemblea Constituínte o referido extravío 0 4 de setembro, engadindo que "era de xustiza que este bo servidor da Patria (díaz), non se vira privado daquela gracia", e a Asemblea, presidida naquel entón por Pedro Pablo Vidal, resolveu o 7 daquel mes, "librar novamente o título". No exército sitiador de Montevideo foille encomendado por Rondeau a dirección da construción de fortificacións que se levantaron fronte á praza e a instalación das baterías.

Poucos días despois, o 29 de setembro de 1813, foi promovido a tenete de artillería, continuando os seus servicios no exército sitiador de Montevideo ata o 20 de febreiro de 1815, data na que regresou a Bos Aires, difrutando dunha breve licencia, para marchar inmediatamente ao posto que no exército desempeñaba, recibindo máis adiante a condecoración outorgada polo Director Supremo, Gervasio Antonio de Posadas, aos que formaron parte das forzas que ocuparon aquela praza o 23 de xuño de 1814.

Continuou emprestando servicios nas forzas independentes que operan na provincia Oriental contra as tropas de Artigas, servindo ás ordes do Xeneral San Martín en Mendoza, co emprego de capitán de artillería, cargo que lle conferiran por despacho o 31 de marzo daquel ano, sendo destinado a comandar a compañía de artillería cívica de San Juan, composta de 80 homes, ao que el se sumou o 30 de setembro, por orde de San Martín, a responsabilidade de fortificar a cidade de San Juan, o que efectuou coa súa recoñecida destreza, construíndo unha magnífica liña de trincheiras e foso, que non serían demolidas ata o ano 1917. Ese sagaz medida precautoria foi dada ao xeneral en xefe, polo xuízoso temro dunha contraofensiva das forzas realistas a través da cordilleira andina.

Listo ao fin o exército dos Andes para iniciar a campaña emancipadora de Chile, o capitán Díaz participaba na mesma, formando parte do reximento de artillería, asistindo en tal carácter á batalla de Chacabuco o 12 de febreiro de 1817. Integrando a división das tres armas, que as ordes do coronel José Gregorio de las Heras, foi destacado ao Sur de Chile, para aniquilar as tropas realistas alí concentradas. Este xefe dispuxo a instalación da súa división nas alturas do cerro Gavilán, fortificándose nela e construinfdo un reducto no centro da posición, que guarneceu cun canón e un obús, a cargo de Díaz, desde o cal batía un areal que se extendía ao S. e L. da Concepción. Tomou parte no combate de Curapaligüe o 4 de abril, así como tamén nas columnas que atacaron a parza de Talcahuano na xornada do 6 de decembro de 1817. Desde o 31 de maio deste ano, Díaz estaba ao mando da primeira Compañía do Terceiro batallón de Artillería.çAtopouse na acción de Cancha Rayada o 19 de marzo de 1818 e na batalla de Maipú do 5 de abril de 1818, que asegurou a independencia de Chile. Nesta soada batalla, Díaz actuou como axudante do xeneral González Balcarce, substituto de San Martín, e polo seu destacado comportamento naquela, ascendérono a Saraxento maior garduado de artillería, con antigüidade do 15 de abril.

Pouco despois, o ilustre mariño Manuel Blanco Encalada, recibiu encargo do Goberno chileno de organizar unha escuadra co fin de disputar o dominio do mar aos españois. Esta constituíuse co navío "San Martín", a Fragata "Lautaro", a corveta "Chacabuco" e os bergantíns "Araucano" e "Pueyrredón". A Díaz encomendáronlle o mando da Chacabuco , quizais tendo en conta os seus estudios navais. Esta corveta estaba provista de 20 canóns e levaba 151 homes como tripulación.

Segundo Carranza, no seu libro "San Martín", a escuadra partiu de Valparaíso o 20 de agosto de 1820. Nembargante, o ilustrado capitán de frgata e historiador arxentino R.Yaben dános outra versión: "Ás 12 do día 19 de outubro de 1818 aquela incipiente escuadra fixo á vela, do porto de Valparaíso agás do Pueyrredón que o debía facer dez días despois." Blanco Encalada iniciou o seu cruceiro para interceptar buques españois que integraban o convoi que escoltaba á frgata "María Isabel" que partira da Península meses antes. Na noite do 14 de outubro separouse a "Chacabuco" e 17 días despois volveuse incorporar ao resto da escuadra.

Díaz capturou as fragats españolas "Rosalía" e "carlota", pertencente ao convoi antes citado, e conduciunas a Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Esta data desdi claramente a opinión referida de Carranza.

Caídos en 1820 o Congreso e o Director Supremo das Provincias Unidas do Río da Prata, o xeneral san Martín estimou que rematara o mandato que lle conferiran aquelas autoridades, e así o fixo saber aos seus oficiais, reunidos en Rancagua o 2 de abril daquel ano., quen consideraron que non había razón algunha para tal renuncia, "quedando de conseguinte sentado como base e principio, que a autoridade que recibiu o Sr. Xeneral para facer a guerra aos españois e adiantar a felicidade do país, non caducara, nin pode caducar, porque a súa orixe que é a saúde do pobo, é inmundable. Nesta intelixencia, se por algún accidente ou circunstancia inesperada faltase por morte, ou enfermidade o actual debe seguirlle na sucesión do mando ao xefe que continúe no seguinte inmediato garo do mesmo exército dos Andes".

Francisco javier Díaz é o segundo en asinar esta histórica de Rancagua. Autorizábana "un oficial máis antigo de cada clase en todos os corpos e todos os SS.xefes".

O 6 de marzo de 1820 recibía Díaz a efectividade do seu emprego no terceiro Batallón de Artillería dos Andes. Mais xa non puido tomar parte na campaña do Perú, permanecendo en Chile, onde o retivo o seu estado de saúde, gravemente afectada a consecuencia das "fatigas e penalidades das súas longas camapñas", segundo asegura o seu fillo, o xeneral César Díaz. Solicitou e obtivo o seu pase ao exército de Chile, no que se conservou ata a súa morte, ocorrida en Santiago de Chile en agosto de 1822. Pillado afirma Díaz retirarase do exército un ano antes do seu falecemento.

O xeneral Miller, nas súas "Memorias" refírese a Díaz dicindo que non só combateu aos seus compatriotas de orixe, senón a algún americano que non lle agradecía debidamente o seu concurso. Fachendoso da súa condición de galego de nacemento, desafiou tres veces ao capitán Juan Apóstol Martínez, acérremo inimigo dos españois por chamolo Gayego, con afán de lle rebaixalo, resultando os dous feridos, ata que "finalmente conviñeron en que Apóstol non volvería ofendelo na súa presencia".

Pertencían a esta familia destacadas persoalidades. Ademais do seu irmán Antonio, xeneral e ministro do Uruguai, cóntanse o coronel Osorio, marido da súa irmá Manuela; o xeneral Enrique Martínez, o seu cuñado; os xenerais o colombiano Madrid e Félix Olazábal, tamén emparentados con el; o tenente coronel Videla, chileno, casado coa súa filla maior, e o xeneral arxentino José María Bustillo, casado cunha das súas fillas menores. Da súa esposa Dona Feliciana Martínez, que acompañou ao seu marido en todas as camapñas, tivo fillos tan sobresalientes como o seu fillo maior o xeneral César Díaz; o tenente coronel Adrián Díaz; o alférez arxentino Félix Díaz, que morreu na guerra co Paraguai; o seu bisneto o mariño arxentino Luis Pillado, fillo do notable historiador e novelista arxentino José Antonio Pillado. É curios facer notar no que se refire aos seus fillos que dous naceron en Montevideo, dous en Santiago de Chile, un en Mendoza e o outro en Bos Aires, tres homes e tres mulleres.

Deu os seus fillos a América, sen ter en conta as súas nacionalidades, do mesmo xeito que lle deu ao novo continente a súa vida, a súa espada, a súa capacidade e saber, o mellor que lle podía dar un soldado da liberdade como foi este magnífico galego chamado Francisco Javier Díaz Fernández. , eminente figura galega que tanto había de abrollar na historia uruguaia. Nesta capital, Francisco J.Díaz contareu matrimonio o día 13 de febreiro de 1810 e na Igrexa Matriz montevideana, con Feliciana Martínez, viúva de Juan José de las Cagigas, tenente de fragata, e filla do tenente coronel de dragóns D.José Martínez e Dna. María de los Ángeles Dicidio e Zamudio.==Véxase

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Guillermo Miller, "Memorias"
  • Ángel J. Carranza, "Campañas navales de la Rep.Argentina"
  • R.Yaben, "Biografías argentinas y sudamericanas", T 2º
  • Los Gallegos en la Argentina, Tomo I, Alberto Vilanova Rodríguez, Ediciones Galicia, Bos Aires1966