Francisco Fraga García

camareiro e sindicalista galego

Francisco Fraga García, coñecido como Coducho, nado en Betanzos cara a 1908 e finado na Coruña o 24 de novembro de 1936, foi un camareiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaFrancisco Fraga García
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncamareiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesAntonio Fraga Mandián (neto) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Camareiro do Café Barreiro de Betanzos, pertencía ao Sindicato de Oficios Varios da CNT no que foi vogal en 1934. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 22 de xullo xunto con José Naveira García e José Camba Chas nas proximidades de Palavea, cando viaxaban nun automóbil requisado, incautándolles diversas armas. Acusado de tenencia de explosivos e rebelión na causa 118/36, foi xulgado en consello de guerra na Coruña o 14 de novembro,[1] e condenado a pena de morte. Foi fusilado na Coruña o 24 de novembro de 1936. José Camba foi condenado a cadea perpetua na mesma causa, e José Naveira foi posto en liberdade.

Vida persoal

editar

Casou con Julia Fraga Vázquez e foi pai de Francisco, José, Julio e Antonio Fraga Fraga.

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1936, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar