Francisco Casimiro Marcó del Pont

militar galego

Francisco Casimiro Marcó del Pont Díaz Ángel Méndez, nado en Vigo en 1770 e finado en Luján (Arxentina) o 19 de maio de 1819, fillo de Buenaventura Marcó del Pont e Juana Ángel Méndez, foi un militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. Foi unha das figura da Independencia de Chile pois foi o último dos Gobernadores de Chile cando foi apresado polas forzas do Exército dos Andes, lideradas por José de San Martín e Bernardo O'Higgins que entraron en Santiago despois da Batalla de Chacabuco.

Infotaula de personaFrancisco Casimiro Marcó del Pont

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Casimiro Marcó del Pont Díaz Ángel y Méndez Editar o valor em Wikidata
4 de outubro de 1765 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 1821 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Chacabuco, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBuenaventura Marcó del Pont Editar o valor em Wikidata
IrmánsVentura Miguel Marcó del Pont e Manuel María Marcó del Pont Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Carreira militar en España

editar

Iniciou a carreira militar como cadete no Rexemento de Infantaría de Zaragoza en 1784. Estivo na gornición de Orán en 1789. En 1802 estaba no Rexemento Tarragona. Durante o Sitio de Zaragoza foi feito prisioneiro e levado a Francia conseguiu o seu traslado a Valençey, prisión de Fernando VII. Logo da restauración regresou a Madrid, onde a súa influencia na corte outorgoulle o goberno de Chile, aínda que o nomeamento se fixo contra o parecer do Consello de Indias.

Goberno de Chile

editar

A fins de 1815, vía Panamá, e pasando por Lima, arribou a Valparaíso. A súa recepción en Santiago foi inicialmente favorable, substituíndo na xefatura do goberno a Osorio, identificado coa austeridade do período de reconquista militar. Marcó del Pont pretendía unha reconciliación a través de actos demagóxicos, non obstante o ambiente de desconfianza e prebendas levouno a copar de europeos e crioulos peruanos os postos clave e dar á restauración un carácter represivo. O capitán Vicente San Bruno, encargado da actividade policial, pero levando as súas funcións máis alá da delincuencia común, montou un tribunal político cuxa desorientación e arbitrariedade levouno ao descrédito e animosidade. Marcó del Pont errou na súa política de goberno ao incumprir as políticas de reconciliación da corte de España, como o indulto xeral aos patriotas do 12 de febreiro de 1816. Ademais o estado de permanente alarma esgotou os recursos empregados na defensa do mar e a cordilleira de Chile. Enviou varios espías a Cuyo para que solicitasen información sobre o Exército Libertador dos Andes.

Por outra banda cumpriu correctamente o seu papel administrador, acreditando a súa lealdade, pospoñendo os seus soldos ás posibilidades do estado. Entre as súas obras urbanísticas están a mellora do paseo de Tajamar ou a Alameda, reparou o Teatro e coliseo, construíu a canle de Maipú.

Fin do goberno

editar

San Martín, encomendou ao seu armeiro José Antonio Álvarez Condarco, en misión de espionaxe, que fose entrevistarse con Marcó del Pont, debendo recoñecer e memorizar na súa viaxe os accidentes do terreo. Marcó del Pont expulsouno do país anotando no pasaporte do armeiro unha expresión en referencia á traizón de José de San Martín á monarquía española: Yo firmo con mano blanca y no como la de su general que es negra[1][2]

Fuxida e captura

editar

Trala caída do goberno español de Santiago, Marcó del Pont fuxiu a Valparaíso dirixíndose primeiro a San Antonio[3] a través da Cuesta de Lo Prado crendo que na súa baía estaba o buque San Miguel,[3] pero este levantara áncora horas antes.[3] Atopouse na disxuntiva de seguir o camiño da costa pero caería a mercede dos montoneros de Ramón Freire polo que se decidiu a seguir cara ao norte, a través das actuais localidades de Cartaxena,[3] El Tabo, El Quisco, descansando en El Totoral o 15 de febreiro de 1817.[3] Desde esta posición enviou un inquilino para que o avisará respecto da situación en Valparaíso.[4] O home avisou o seu xefe, o hacendado de Las Tablas que se concertou co Capitán José Aldao para rodear a quebrada o 15 de febreiro.[4] Na Quebrada del Totoral, atopárono con todos os oficiais que o acompañaron na súa saída de Santiago;[4] o tenente coronel Fernando Cacho, o coronel Ramón González e o fiscal Prudencio Lazcano.[4] Todos entregaron as súas espadas salvo el que pediu entregala a un xefe da súa condición.[4] A virxe da súa capela particular aínda pode verse na capela do Eremitorio franciscano de El Totoral.

 
Virxe de Marcó del Pont en El Totoral.

Saúdo de San Martín

editar

Conforme aos relatos entregou cerimoniosamente a súa espada a San Martín.[4] Di a tradición arxentina que San Martín saudouno coa expresión: ¡Venga esa mano blanca, mi general!.

Enviado a Arxentina

editar

O 16 de abril de 1817 foi enviado a Mendoza. San Martín ordenou encarcerar a Marcó del Pont en San Luis xunto cos prisioneiros tomados en Chacabuco. Logo dun motín en 1819 no que non tomou parte, pero foi igualmente acusado,[4] trala intervención de Monteagudo ordenou o seu traslado a outra prisión na "La Estanzuela", máis ao interior da provincia de San Luis, onde morreu o 19 de maio de 1819, á idade de 49 anos.

Predecesor:
Mariano Osorio
Gobernador de Chile
1815- 12 de febreiro de 1817
Sucesor:
Francisco Ruiz-Tagle
Gobernador Político Interino de Santiago
  1. JOHN LYNCH. San Martin,pp140
  2. Según Norberto Galasso esta expresión facía referencia ao carácter fidalgo de Marcó del Pont, e por outra á cor da pel de San Martín, a quen os realistas supuñan mestizo e chamábano El Cholo de Misiones, porque na época cholo significaba indio. Extractado de "Seamos Libres y lo demás no importa nada" de Norberto Galasso - ISBN 978-950-581-779-5
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Historia de Chile , Francisco de Encina , tomo XIII página 176
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Historia de Chile , Francisco de Encina Tomo XIII página 177

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Historia física y política de Chile. Volume 1