Manuel María Marcó del Pont

militar galego

Manuel María Marcó del Pont, nado en Vigo en 1771 e finado en 1837, foi un militar galego, Brigadier Xeneral e Comandante dos Reais Exércitos, Cabaleiro da Orde de Alcántara, da Real e Militar Orde de San Hermenexildo, Escudo da Fidelidade e Medalla de Ouro da Batalla de Bailén.

Infotaula de personaManuel María Marcó del Pont
Biografía
Nacemento1771 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1837 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBuenaventura Marcó del Pont Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Casimiro Marcó del Pont e Ventura Miguel Marcó del Pont Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Buenaventura Marcó del Pont, ingresou no exército en 1790, destacou durante a Guerra do Rosellón e Campañas da Cerdaña ao mando do Xeneral Ricardos e de Agustín de Láncaster en 1793-1794. Participou na campaña de Montella en 1795, e na Guerra de Portugal e funcións de Arronchel baixo o mando do Príncipe da Paz. No ataque de Villanueva la Reyna o 16 de xuño de 1808, na batalla de Bailén baixo o mando do Xeneral Castaños o 19 de xuño de 1808. Na retirada de Logroño, na de Nalda, en Cuenca en decembro de 1808. Na acción de Vélez o 13 de xaneiro de 1809. Na retirada de Serra Morena a Badaxoz en xaneiro e febreiro de 1810. No socorro da praza de Olivenza en xaneiro de 1811. Na saída da praza de Badaxoz aos muíños fronte ao exército inimigo en cuxa acción conseguiu entrar na praza a fariña que había neles, a pesar de estar en poder do inimigo, a últimos de febreiro do mesmo ano. En todo o sitio de Badaxoz ao mando do duque de Castroterreño ata a súa rendición cando caeu prisioneiro e foi conducido a Francia onde permaneceu fiel ata a paz en que regresou a España. Téndose purificado en Madrid e na mesma praza do tempo que durou o goberno constitucional, o 21 de xaneiro de 1825.

Carlismo editar

A partir de 1830 faise partidario de Carlos María Isidro, que o nomea xeneral.

Matrimonio editar

Casa en 1830 con María Teresa de Iturralde e de Guilisasti, de orixe nobre e filla de coñecidos comerciantes de San Sebastián e familiares do Santo Oficio.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pirala Criado, Antonio. Vindicación del general Maroto y manifiesto razonado de las causas del Convenio de Vergara. Urgoiti editores, Pamplona 2005. ISBN 84-933398-8-1
  • Arquivo Xeral Militar de Segovia, Expediente de Manuel María Marcó del Pont y Angel.