Francis Baily
astrónomo británico
Francis Baily, nado en Newbury, Berkshire, o 28 de abril de 1774 e finado en Londres o 30 de agosto de 1844, foi un astrónomo inglés.
Francis Baily | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de abril de 1774 e 1774 |
Lugar de nacemento | Newbury |
Falecemento | 30 de agosto de 1844 (70 anos) |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | St Mary's Church, Thatcham |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Ocupación | astrónomo e escritor |
Coñecido por | Anel de diamante de Baily |
Premios | membro da Royal Society, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Fellow of the Linnean Society of London e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Entre 1796 e 1797 viaxou por América do Norte, en 1799 entrou na Bolsa de Londres e escribiu libros de economía como Tables for the Purchasing and Renewing of Leases (1802), The Doctrine of Interest and Annuities (1808) e The Doctrine of Life-Annuities and Assurances (1810). Fíxose rico e dende 1825 dedicouse á astronomía; xa en 1820 fora un dos fundadores da Real Sociedade Astronómica e preparou o Catalogue of 2881 stars en 1827. A el debéuselle a reforma do Nautical Almanach en 1839 e o comezo das expedicións para observar eclipses solares.