Francia orientalis

A Francia Orientalis foi a terra de Lois o Xermánico despois do Tratado de Verdún en 843, que dividiu o Imperio Carolinxio entre os francos do leste, oeste e do medio[1]. Foi o precursor do Sacro Imperio Romano Xermánico e da Alemaña moderna. Tamén foi coñecida como reino dos francos do leste. Supoñendo que o inicio do Sacro Imperio Romano Xermánico comezou coa dinastía otónica, o reino da Francia Oriental perdurará desde 843 ata a coroación do duque Henrique I de Saxonia en 919. Máis frecuentemente, considérase que o Imperio comezou no 962, coa entronización de Otón o Grande (translatio imperii).

As divisións do Imperio carolinxio segundo o Tratado de Verdún (843): en verde a Francia Orientalis. Este mapa había sufrir importantes modificacións co Tratado de Meerssen (870).

A Francia Oriental dividiuse en catro ducados: Suabia (Alamania), Franconia, Saxonia e Baviera (incluíndo Moravia e Carintia) . Despois da morte de Lotario II en 869, engadíronse algunhas partes do Reino de Lotarinxia.

Esta repartición durou ata a caída da dinastía Hohenstaufen (1268).

Dende o século  x, a Francia Oriental foi coñecida como Regnum teutonicum ("reino teutónico" ou "Reino de Alemaña"), termo prevalente en tempos sálicos.

Véxase tamén

editar