Francesc Savalls
Francesc Savalls i Masot, nado en La Pera (Baix Empordà) o 17 de xaneiro 1817 e finado en Niza o 20 de novembro de 1885, foi un militar e guerrilleiro carlista catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1817 La Pera, España |
Morte | 20 de novembro de 1885 (68 anos) Niza, Francia |
Lugar de sepultura | Russian Orthodox Cemetery in Nice (en) |
Outros nomes | general Savalls |
Actividade | |
Ocupación | militar, carlist (en) |
Partido político | Carlismo |
Carreira militar | |
Lealdade | Carlos María Isidro de Borbón, Carlos Luís de Borbón, Francisco V de Módena (pt) , Pío IX e Carlos, duque de Madrid |
Rango militar | mariscal de campo |
Conflito | primeira guerra carlista Segunda Guerra Carlista Expedição dos Mil (pt) Tomada de Roma (pt) Terceira Guerra Carlista |
Familia | |
Cónxuxe | Pellegrina Antoinette Vivaudo |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia de propietarios rurais do Empordà, foi capitán na Primeira Guerra Carlista e en 1840 marchou ao exilio a Francia, volveu en 1842 para se unir a unha partida de trabucaires. Participou na Segunda Guerra Carlista e tras a derrota instalouse en Niza e participou nos exércitos de Módena e dos Estados Pontificios.
Durante a Terceira Guerra Carlista ás ordes de José Estartús e realizou unha frenética actividade á fronte dunha partida, converténdose nunha figura mítica para as outras partidas carlistas catalás. Enfrontado a Afonso Carlos, representante en Cataluña e irmán do pretendente, conseguiu manterse no seu posto e tras a batalla de Alpens (1874), o pretendente deulle o título de marqués de Alpens. En 1874 conseguiu tomar Olot e en 1875 Carlos nomeouno capitán xeneral de Cataluña. Tras o asedio e captura de La Seu d'Urgell, Savalls foi destituído e en outubro de 1875 marchou definitivamente a Niza.