Afonso Carlos, duque de San Jaime
Afonso Carlos de Borbón e de Austria-Leste, nado en Londres en 1849 e finado en Viena en 1936, foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Afonso Carlos I (1931-1936), tamén coñecido como duque de San Jaime.
Afonso Carlos, duque de San Jaime | |
---|---|
Nome completo | Alfonso Carlos de Borbón y Austria-Este |
Nacemento | 12 de setembro de 1849 |
Lugar de nacemento | Londres |
Falecemento | 29 de setembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Viena |
Causa | atropelamento |
Soterrado | Attnang-Puchheim |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | militar |
Pai | Xoán, conde de Montizón |
Nai | Maria Beatriz de Áustria-Este |
Cónxuxe | Maria das Neves de Bragança |
Irmáns | Carlos, duque de Madrid |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo do pretendente carlista Xoán e María Beatriz de Austria-Leste e irmán do tamén pretendente Carlos, educouse na familia da súa nai. Pertenceu ao corpo dos suavos do exército dos Estados Pontificios. Casou en 1871 con María das Neves de Braganza e durante a Terceira Guerra Carlista o seu irmán nomeouno comandante xeral de Cataluña, cruzou a fronteira francesa en decembro de 1872 e xa en Cataluña entrou en desavinzas con Francesc Savalls, en 1873 solicitou a unión do exército de Cataluña e do Centro e en 1874 organizou unha ofensiva por terras de Aragón e Castela a Nova, que o levaron a conquistar Cuenca. Pero a decisión do seu irmán de volver separar os exércitos do Centro e Cataluña provocou a súa dimisión e a súa marcha de España. No exilio destacou na organización de asociacións contra os duelos.
Tras a morte do seu sobriño, Xaime, duque de Madrid o 2 de outubro de 1931, Afonso Carlos converteuse no pretendente carlista. O 23 de xaneiro de 1936 designou rexente a Xavier de Borbón-Parma e o 29 de setembro de 1936 morría Afonso Carlos tras ser atropelado por un automóbil.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Maria das Neves de Borbón. Mis memorias sobre nuestra campaña en Cataluña en 1872 y 1873 y en el centro en 1874. 1a parte, de 21 abril 1872 a 31 agosto 1873 (Madrid: Espasa-Calpe, 1934). Memorias da súa esposa sobre a terceira guerra carlista.
{{ORDENAR: