Fragas, Campo Lameiro

parroquia civil do concello de Campo Lameiro
(Redirección desde «Fragas»)

Santa Mariña de Fragas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Campo Lameiro. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 605 habitantes (299 mulleres e 306 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 658 habitantes.

Fragas
Igrexa parroquial.
ConcelloCampo Lameiro[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°31′28″N 8°33′27″O / 42.52444444, -8.5575
Poboación568 hab. (2019)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de Santa Mariña de Fragas conserva a fachada románica (do século XII), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo tímpano no que se representa a un bispo bendicindo ós fieis, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos evanxeos.

No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de petróglifos que existen en Campo Lameiro. Denomínase a Pedra da Boullosa e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Fragas

editar
Lugares da parroquia das Fragas no concello de Campo Lameiro

Cerdeiras | Fontenla | Gargallóns | A Laxe | Mullerboa | Reboredo | Redonde


Parroquias de Campo Lameiro

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Campo Lameiro

O Campo (San Miguel) | O Couso (San Cristovo) | Fragas (Santa Mariña) | Moimenta (Santa María) | Montes (San Isidro) | Morillas (Santiago)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar