Fractura do olécrano

A fractura do olécrano é unha fractura ósea do olécrano, que forma parte do óso cúbito. Este tipo de fracturas son producidas pola flexión rápida do cóbado ao mesmo tempo que se produce unha flexión rápida do músculo tríceps braquial. Esta contraposición de forzas fai que o olécrano remate por se fracturar do resto do óso cubital. Tamén pode ser producida por unha caída na que se apoian as mans ou un traumatismo directo no olécrano, pero estas son menos frecuentes.

Fractura do olécrano nun neno.

Anatomía editar

Ver artigo principal: Olécrano

O olécrano é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente ao cúbito. Está situado na parte máis superior e posterior do cúbito, e ten forma piramidal de base cuadrangular. Ten unha base soldada ao resto do óso e un vértice que se artella co úmero. Durante a extensión máxima do cóbado, o olécrano queda acollido pola fosa olecraniana do úmero. Nos nenos e adolescentes o olécrano non está unido por óso ao resto do cúbito, senón que é un cartigo non osificado.

O olecranon ten unha superficie anterior, que se artella co úmero, na articulación umerocubital. A superficie posterior pode palparse baixo a pel. Forma o relieve dorsal do cóbado e adoita ter unha bolsa deslizante. Nela insírese o tríceps braquial e o ligamento posterior do cóbado.

O bordo medial serve para a inserción do músculo flexor ulnar do carpo e o ligamento lateral interno do cóbado. No bordo lateral insírense o músculo ancóneo e o ligamento posterior do cóbado.

Clasificación editar

 
Olécrano no cúbito (núm 2)

As fracturas de olécrano classifícanse segundo a súa estabilidade, se están ou non desprazadas, e o número de fragmentos resultantes de fractura. O termo conminución refírese a existencia de múltiples fragmentos após a fractura.

  • Tipo I, fracturas non desprazadas.
  • Tipo II, fracturas desprazadas, mais estábeis.
    • Tipo IIa, se non son conminutas (un, dous ou tres fragmentos).
    • Tipo IIb, se hai conminución.
  • Tipo III, fracturas desprazadas e, ademais, inestábeis.
    • Tipo IIIa, se non hai conminución.
    • Tipo IIIb, se hai conminución.

Signos e síntomas editar

O síntoma principal é a dor, sobre todo ao palparmos o cúbito no cóbado, e a impotencia funcional para mover a articulación. Ademais, unha de cada catro fracturas son abertas, isto é, hai ferida externa que deixa ver o óso. Pode existir tamén un hematoma dentro da articulación do cóbado, denominado hemartros. O maior risco de lesión nerviosa é no nervio cubital. Unha simple raiografía convencional pode confirmar o diagnóstico.

Tratamento editar

Nas fracturas tipo I e tipo II, é dicir, nas fracturas que son estábeis, o tratamento é conservador mediante a inmobilización completa do óso, xeralmente cun xeso. No resto das fracturas, o abordaxe é sempre cirúrxico, ben mediante agullas ou cravos, ben mediante cerclaxe. Entre as complicacións máis habituais están a lesión do nervio cubital, a aparición dunha pseudoartrose ou artrose postraumática, e a rixidez articular.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar