Foro de Traxano
O Foro de Traxano (en latín, Forum Traiani) é un foro obra do emperador romano Traxano, que forma parte do vasto complexo dos foros imperiais na cidade de Roma. A súa construción, levada a cabo entre o 107 e 112 estivo a cargo do arquitecto Apolodoro de Damasco.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9d/IT-Rom-kaiserforen.jpg/300px-IT-Rom-kaiserforen.jpg)
Este espectacular complexo é o meirande que se pode atopar na cidade de Roma. Componse dunhaPraza porticada, a Basílica Ulpia, a columna traxana e o Templo de Traxano.
O foro de Traxano é cronoloxicamente o derradeiro dos foros imperiais de Roma.[1]
Historia
editarO foro foi construído por orde do emperador Traxano co botín de guerra traído trala conquista de Dacia, que rematara en 106.[1] O calendario romano permítenos calcular que o Foro foi inaugurado en 112, un ano antes cá Columna de Traxano.
Para a construción deste complexo monumental tivéronse que realizar extensas escavacións. Os traballadores eliminaron os laterais do Quirinal e do cuíña Capitolina, que pechaban o val ocupado polos foros imperiais cara ao Campo de Marte.
É posible que as escavacións iniciáranse baixo o mandato do emperador Domiciano, aínda que o proxecto do foro estivo completamente a cargo do arquitecto Apolodoro de Damasco,[1] que tamén acompañou ao emperador Traxano na campaña de Dacia.
Durante o tempo que durou a construción tamén se realizaron outros proxectos civís: construíuse o mercado de Traxano,[1] e restauráronse o Foro de César e o Templo de Venus Genetrix para poder construír o foro de Traxano.
Estrutura
editarO foro foi construído apartir dunha gran praza enmarcada con pórticos que medía 200 x 120 m con exadrae sobre dous laterais. A entrada principal ao foro é polo lado sur, onde se sitúa un arco de triunfo coroado por unha estatua de Traxano nunha carroza con seis cabalos. A basílica Ulpia sitúase sobre o lado norte da praza, a mesma estaba cuberta con bloques rectangulares de mármore e decorada cunha grande estatua ecuestre de Traxano. A cada lado da praza hai mercados, tamén aloxados por exedrae.
Ao norte da basílica había unha praza máis pequena, cun templo adicado a Traxano deificado no lado norte. Inmediatamente ao norte da Basílica Ulpia a cada lado do Foro había dúas bibliotecas, unha contiña os documentos en latín e a outra os documentos en grego. Entre as dúas bibliotecas erguíase a columna de Traxano de 38 m de altura.[1]
Durante unha visita a Roma de Constantino II a mediados do século IV, el quedou abraiado polas dimensións da grande estatua ecuestre de Traxano e polos edificios que a rodeaban. Esta vista imperial e os detalles do foro por eses anos foron descritos polo historiador Amiano Marcelino.
Só unha zona dos mercados e da columna traxana chegaron até os nosos días.
Historia posterior ao imperio romano
editarA mediados do século IX, os bloques de mármore da praza foron extraídos de forma sistemática para ser reutilizados noutras construcións, debido á boa calidade dos mesmos. Simultaneamente, o pavimento foi restaurado con pedregullo, o que é unha mostra de que o sitio aínda estaba a ser utilizado como espazo público.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Roth, Leland M. (1993). Understanding Architecture: Its Elements, History and Meaning (Westview Press. Primeira edición ed.). Boulder, CO. ISBN 0-06-430158-3.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Foro de Traxano |
Bibliografía
editar- James Packer. Trajan's Forum: A Study of the Monuments. University of California Press, 1997.
- James Packer. Il Foro Dei Traiano a Roma Breve Studio dei Monumenti. Edizioni Quasar 2001.