Herba ulmeira

especie botánica
(Redirección desde «Filipendula ulmaria»)
Herba ulmeira

Filipendula ulmaria
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Rosoideae
Xénero: Filipendula
Especie: 'F. ulmaria'
Nome binomial
'Filipendula ulmaria'
(L.) Maxim.

A herba ulmeira ou herba das abellas[1] (Filipendula ulmaria) é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das rosáceas. Aparece en Galicia.

Folla.
Inflorescencia.
Ilustración

Descrición editar

A herba ulmeira (Filipendula ulmaria (L.) Maxim. 1879) distínguese de Filipendula vulgaris en ter follas basais con non máis de 5 pares de folíolos, que miden máis de 2 cm; pétalos máis pequenos, de 2-5 mm . Vilosa, perenne, de talos simples ou ramosos de até 2 m; raíces sen tubérculos. A inflorescencia adoita ser máis longa ca larga. Flores brancas con estams, máis longos ca os pétalos. Florea polo verán.

Hábitat editar

Habita en lugares moi húmidos, lameiros, illós, pantanos, prados higroturbosos.

Distribución editar

En toda Europa.

Propiedades editar

  • Antiinflamatorio: Os derivados salicilatos que contén inhiben a síntese de prostaglandinas por inactivación irreversíble da COX-1. O efecto antiinflamatorio maniféstase principalmente nas fases iniciais da inflamación.
  • Analxésico: Os derivados salicilatos producen analxesia ao actuaren a nivel central sobre o hipotálamo e a nivel periférico bloqueando a xeración de impulsos dolorosos, mediante o bloqueo da síntese de prostaglandinas mediada pola inhibición da cicloosixenasa.
  • Antipirético : Os derivados salicilatos reducen a temperatura anormalmente elevada cando actúan sobre o centro termorregulador do hipotálamo producindo vasodilatación periférica. A vasodilatación aumenta a sudación e por tanto a perda de calor. Non diminúen a temperatura normal.

Contraindicaciones editar

  • Hipersensibilidade aos salicilatos
  • Absterse de prescribir extractos concentrados de Ulmaria en caso de úlceras gastroduodenais, hemorraxias activas ou cando se sigan tratamentos con anticoagulantes ou hemostáticos.
  • Non prescribir formas de dosificación orais con contido alcólico a meniños menores de dous anos nin a consultantes en proceso de deshabituación etílica.

Historia editar

A partir da oxidación do aldehido salicílico (compoñente principal de Filipendula ulmaria) descubriuse o ácido salicílico en 1838, que á súa vez orixinou o descubrimento do ácido acetilsalicílico en 1853. Este último, coñecido como Aspirina, tornouse unha das menciñas máis sonadas e utilizadas no mundo dende hai máis dun século. O seu nome precisamente deriva do nome latino da herba ulmeira: Spiraea.

Taxonomía editar

Filipendula ulmaria foi descrita por (L.) Maxim. e publicado en Trudy Imperatorskago S.-Peterburgskago Botaničeskago Sada 6(1): 251. 1879.[2]

Etimoloxía

Filipendula: nome xenérico que vén de filum que significa "fío", e pendulus que significa "pendurando". Disque o nome describe os tubérculos da raíz que penduran caracteristicamente sobre o xénero, en raíces fibrosas.

ulmaria: epíteto que significa "como "Ulmaria"

Sinonimia
 
Flores.
  • Filipendula denudata (J.Presl & C.Presl) Fritsch
  • Filipendula glauca (Schultz) Asch. & Graebn. ex Dalla Torre & Sarnth.
  • Spiraea contorta Stokes
  • Spiraea denudata J. Presl & C. Presl
  • Spiraea glauca Schultz
  • Spiraea odorata Gray
  • Spiraea palustris Salisb.
  • Spiraea ulmaria subsp. denudata (J. Presl & C. Presl) Arcang.
  • Spiraea ulmaria subsp. discolor (W.D.J.Koch) Arcang.
  • Spiraea ulmaria var. denudata (J. Presl & C. Presl) Hayne
  • Spiraea ulmaria var. discolor Dumort.
  • Spiraea ulmaria var. discolor W.D.J. Koch
  • Spiraea ulmaria var. glaberrima (Beck) Rouy & E.G.Camus
  • Spiraea ulmaria var. glauca (Schultz) Wallr.
  • Spiraea ulmaria var. incana Desv.
  • Spiraea ulmaria var. nivea Wallr.
  • Spiraea ulmaria var. tomentosa Cambess.
  • Spiraea ulmaria var. tomentosa Hayne
  • Spiraea ulmaria var. unicolor Rouy & E.G. Camus
  • Spiraea ulmaria var. viridis Desv.
  • Spiraea ulmaria var. viridis Wallr.
  • Spiraea ulmaria L.
  • Spiraea unguiculata Dulac
  • Thecanisia ulmaria (L.) Raf. ex B.D.Jacks.
  • Ulmaria denudata (J. Presl & C. Presl) Opiz
  • Ulmaria glauca (Schultz) Fourr.
  • Ulmaria palustris var. denudata (J. Presl & C. Presl) Focke in W.D.J. Koch
  • Ulmaria palustris var. denudata Kostel.
  • Ulmaria palustris var. glauca (Schultz) Opiz
  • Ulmaria palustris Moench
  • Ulmaria pentapetala var. denudata (J. Presl & C. Presl) Asch.
  • Ulmaria pentapetala var. discolor (W.D.J. Koch) Schinz & R.Keller
  • Ulmaria pentapetala var. glauca (Schultz) Asch.
  • Ulmaria pentapetala Gilib.
  • Ulmaria pentapetala Gilib. ex Asch.
  • Ulmaria ulmaria (L.) Barnhart
  • Ulmaria vulgaris Hill[3]

Nome común editar

  • Galego: herba ulmeira; herba das abellas; raíña dos prados; filipéndula[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Nomes vulgares en galego en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
  2. "Filipendula ulmaria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 15 de marzo de 2014. 
  3. Sinónimos en Anthos, Real Jardín Botánico

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • VV.AA., Strasburger: Tratado de Botanica. Editorial Omega:2004. ISBN 978-8428213530.
  • FONT i QUER P., Plantas medicinales: el Dioscórides renovado. Barcelona, Lábor:1962
  • OLEG POLUNIN, Flowers of Europe: a field guide. Oxford University Press: 1969
  • Barceló, M.C, Benedí, C. (coord.) et al. Botànica farmacèutica ensenyament de Farmàcia: pràctiques. Barcelona. Edicions Universitat de Barcelona; 2008. (Col. textos docentes 279; texto guía)