Manancial
Un manancial[1] é un lugar onde mana auga que abrolla da terra ou entre as rochas. Pode ser permanente ou temporal. Orixínase na filtración de auga que penetra nunha área e emerxe noutra, de menor altitude, onde a auga non está confinada nun conduto impermeable. Estas surxencias acostuman ser abondosas en relevos cársticos. Os cursos subterráneos ás veces quecen polo contacto con rochas ígneas e afloran como augas termais.
Recibe tamén os nomes galegos de groto, gurgullo, gurgullón e illó. O nacente ou nacedoiro é o lugar onde nace o manancial[2].
Os pozos artesianos son manantes artificiais provocados polo ser humano mediante unha perforación a grande profundidade e na que a presión da auga é tal que a fai emerxer na superficie.
Os antigos gregos e romanos rendíanlles culto ás fontes naturais, que xeralmente eran consagradas a un deus ou a unha deusa. O famoso manante de augas termais de Bath, no suroeste de Gran Bretaña, foi consagrado polos romanos a Minerva, deusa da sabedoría e da guerra. As fontes ornamentais, nas cidades dos séculos XVII a comezos do XX, acostuman evocar ese carácter sagrado dos manantes mediante formacións escultóricas que representaban ás antigas deidades da auga.
Metaforicamente manantes e fontes consideráronse nun senso figurado orixe de algo: "Esa idea foi o manante de distintas doutrinas", "O seu pensamento bebe de fontes marxistas" etc. e tamén para moitos acordos comercias.
Augas minerais
editarOs minerais disólvense na auga ao seu paso por zonas subterráneas. Isto bríndalle sabor a auga e ata burbullas de dióxido de carbono, dependendo da natureza xeolóxica do terreo. Por iso, a auga do manancial ou nacente (spring water) véndese como auga mineral, aínda que frecuentemente o termo se aplica por motivos publicitarios.[Cómpre referencia] Os mananciais que conteñen cantidades significativas de minerais son denominados, ás veces, «nacentes de minerais». A aqueles que conteñen grandes cantidades de sales de sodio disoltas, maiormente carbonato sódico, chámaselles «nacentes de soda».
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manancial.
- ↑ Portal das Palabras
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manancial |