Festival Internacional de Títeres de Redondela

festival teatral celebrado en Redondela

O Festival Internacional de Títeres de Redondela-Memorial Juanjo Amoedo é un festival cultural de arte, música e titiriteiros que se celebra no concello pontevedrés de Redondela dende o ano 2000. Está organizado pola Asociación Xente Titiriteira e conta co apoio do Concello de Redondela. Ao festival acoden compañías teatrais de diversos países do mundo, realizando espectáculos de teatro, música e audiovisual tanto en auditorios e lugares con capacidade limitada, coma nas rúas de Redondela e Chapela.

Teatro de Ningures, Os cómicos dell'auto.[1]
Localización Redondela
Anos 17 (en 2016)
Nº edicións 17 (en 2016)
Fundadores
Data maio
Xénero monicreques
Organizador Xente Titiriteita
Concello de Redondela
Web oficial Páxina de Facebook
Na rede

Historia editar

Malia que a primeira edición do festival foi no 2000, a finais dos 90 xa se tiveran feito varias xestións para a realización dun festival en Redondela que tivese coma protagonista os monicreques. Un dos seus principais creadores foi Juanjo Amoedo, que por aquel entón era o presidente da Asociación de Veciños de Redondela. Porén, Juanjo Amoedo nunca puido ver rematado o proxecto ao falecer nun accidente doméstico.[2] Meses despois, varios colectivos redondeláns continuaron o proxecto, e tras a creación da asociación Xente Titiriteira, en 2000 celebrouse a primeira edición do festival. O nome do festival foi escollido, así, coma xeito de conmemorar e recoñecer a Juanjo Amoedo no seu labor na creación do festival. Na edición do ano 2014, ademais, foi proxectado un documental sobre a vida de Juanjo Amoedo e a súa contribución ao festival.[3]

Descrición editar

O evento, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Redondela e pola Asociación Xente Titiriteira. Vénse celebrando a finais do mes de maio nas prazas e parques do centro da vila e no Multiúsos da Xunqueira. Dende a súa primeira edición, tiveron actuado compañías de diferentes países, como Reino Unido, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Arxentina, Portugal ou Rusia, entre outros.[4] Na edición do 2011 superáronse os 30.000 asistentes[5].

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar