Radio Redondela
Radio Redondela e unha emisora de radio da frecuencia modulada, de titularidade pública (municipal).
Radio Redondela | |
---|---|
Tipo | emisora de radio local |
Data de fundación | 2002 |
Sede | Redondela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarComezou a emitir en 2002 e ten a súa sede na segunda planta da Casa da Cultura de Redondela, Pontevedra. Recíbese a través da frecuencia dos 94.9 MHz,[1] ou de Internet. A fala empregada neste medio é o galego. O concelleiro responsable é Xosé Carlos Pazos Docampo,[2] e Susana Queimaliños a directora.
Programación
editarNa súa programación hai música, con cancións, entre outras linguas, en galego, castelán, portugués, inglés e francés, informativos locais e outros tipos de contidos. Emite programas da rede EMUGA coma 18 Rodas, A música da túa vida, Arredor de Nos, Informativo Galicia, Rockfusión ou Stars. E entre a lista de programas de produción propia están A Estación, Brasil moito alén, Cancións para xordos, Informativo, Living House ou Tempo de Jazz.[3]
Notas
editar- ↑ Una emisora de Vigo denuncia interferencias... Arquivado 31 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., artigo en Faro de Vigo o 28/03/2007 (en castelán).
- ↑ ... Pazos Docampo ... Presidente do Consello de Administración de Radio Redondela, BOP do 8/03/04, páx. 18.
- ↑ A Radio municipal organiza un concerto de jazz...[Ligazón morta], artigo en VigoMetropolitano.com o 14/12/2007.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Guía de Medios Audiovisuais de Galicia, 54 páx., Arquivo de Comunicación, Consello da Cultura Galega.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Radio Redondela, páxina oficial.
- Escoitar Radio Redondela en directo.Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine.