Festival Aéreo de Vigo

(Redirección desde «Festival Aéreo Internacional de Vigo»)

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo.[1] Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Águila en cuña, debuxando a bandeira de España, na edición de 2009.
Pesca 1 da Xunta de Galicia, no 2009.
Canadair do EA español no FAV 2009.

Descrición editar

O festival era un espectáculo público, de participación internacional e gratuíto, que se facía na praia de Samil, inda que era perfectamente visible dende outros lugares próximos.

Cheganban a participar máis de cincuenta aeronaves, entre as habituais están a Patrulla Águila, os Canadair CL-215, EF-18 Hornet e a patrulla PAPEA (paracaidista) do Exército do Aire español, o helicóptero Sikorsky S-76C+ Pesca 1 da Xunta de Galicia, as patrullas Asas e Rotores de Portugal, outros paracaidistas, patrullas francesas, italianas e diferentes aparatos acrobáticos.

Inda en cada edición sempre había algunha aparición sorpresa, coma os A-10 Thunderbolt II ou B-52 Stratofortress da USAF, Harrier da Armada española, Eurofighter etc.

Despois de que o concello da cidade renunciara a organizar as edicións de 2013 e 2014, o festival pasou a celebrarse na cidade da Coruña.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "El Festival Aéreo se va al norte tras renunciar Vigo a organizarlo". Atlántico Diario (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2018.