Fernando Torcal

representantes de futbolistas

Fernando Torcal Cabadas, nado en Madrid o 16 de febreiro de 1940 e finado en Cesena o 15 de febreiro de 2000, foi un representante e promotor de fútbol español. Actuou como intermediario en fichaxes de destacados futbolistas da súa época e foi o principal artífice do éxito dos torneos amigables de verán en España, levando a organización de case todos eles, como o Teresa Herrera, o Ramón de Carranza ou o Joan Gamper.

Infotaula de personaFernando Torcal
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 2000 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Cesena, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaxente deportivo Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a traballar como administrativo na xestoría de seu irmán, ata que aos 20 anos se converteu no secretario do célebre representante de futbolistas Luis Guijarro.[1] Aos 23 anos independizouse del, e despois de traballar un tempo xunto co exfutbolista Alfonso Aparicio, comezou a xestionar os seus propios negocios, principalmente os trofeos amigables de verán.[2] En 1969 fixo de intermediario por primeira vez no Trofeo Teresa Herrera da Coruña, torneo que se encargou de organizar a partir de 1972. Durante ese tempo levou a participar no torneo a destacados clubs estranxeiros como o Bayern de Múnic de Franz Beckenbauer e Gerd Müller, ou o Ajax de Cruyff.[3]

O seu éxito propiciou que en pouco tempo practicamente monopolizase o negocio dos torneos amigables en España, organizándoos case todos.[1] Así, traballou na organización de trofeos como o Ramón de Carranza, o Joan Gamper, o Ciudad de Palma, o Costa del Sol, o Villa de Madrid ou o Cidade de Vigo.[3][4] Como representante de futbolistas participou en numerosas fichaxes como a de varios futbolistas brasileiros que chegaron ao Deportivo da Coruña durante a presidencia de Augusto César Lendoiro (Rivaldo, Flávio Conceição, Luizão) ou a de Denílson polo Betis.[5][6]

En novembro de 1999, a través da empresa que montou xunto a Francisco Monteiro "Todé", Continental Sports S.L., adquiriu o 100% do Ravena, club da Serie B italiana.[7][8][9] Con todo, só tres meses despois faleceu dun infarto nun hotel de Cesena, onde negociaba a venda de parte do club para investir posteriormente no Logroñés.[6][10] Faltaba un día para que cumprise os 60 anos de idade.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Relaño, Alfredo (19 de agosto de 1979). "Fernando Torcal, monopolizador del negocio futbolístico". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  2. Bermejo, Juanjo (13 de xullo de 2021). "Fernando Torcal" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Rodriguez Cudeiro, Juan Luis (8 de agosto de 2015). "Morriña de torneos de verano". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  4. "Habrá trofeo Ciudad de Vigo". El Pueblo Gallego (en castelán) (20658). 14 de xuño de 1979. p. 18. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  5. Neira, Armando (2 de novembro de 1997). "Lopera deja en manos de Luis la llegada de Denilson". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Paradinas, Juan José (16 de febreiro de 2000). "Muere Torcal, dueño del Ravena y aspirante a comprar el Logroñés". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  7. Ribeiro, Arnaldo (Febreiro de 2000). "Inocência perdida". Placar (en portugués): 65. 
  8. "L'intricato e drammatico film che portò al crack del calcio" (en italiano). 7 de marzo de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  9. "CALCIO: IL RAVENNA DIVENTA SPAGNOLO" (en italiano). 24 de xaneiro de 2000. Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  10. "Il Vicenza degli inglesi: la prima proprietà straniera in Italia" (en italiano). 29 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2022.