Fernando Hierro
Fernando Ruiz Hierro, nado en Vélez-Málaga o 23 de marzo de 1968, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba principalmente como defensa central e centrocampista defensivo, aínda que tamén desempeñou a posición de mediapunta.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1968 (56 anos) Vélez-Málaga, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Eurocopa de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Foi considerado no seu momento como un dos mellores defensores europeos. Na actualidade desempeña o cargo de Director Deportivo da Selección Española de fútbol.
Traxectoria
editarFormouse na canteira do Vélez CF e foi rexeitado polo CD Málaga. Debutou en primeira división co Valladolid o 4 de outubro de 1987, nun Real Valladolid-RCD Espanyol, e en 1989, apenas un mes logo de xogar a final da Copa do Rei contra o Real Madrid, foi fichado por este último.
No conxunto madridista foi utilizado inicialmente por adestradores como Radomir Antić no posto de mediocentro, aínda que debido á ausencia de centrais de confianza en persoal tamén desempeñou ese papel con frecuencia. O técnico Jorge Valdano situouno definitivamente como central na tempada 1994/1995. Primeiro xunto a Manolo Sanchís e posteriormente con Rafael Alkorta formou parte de dous das mellores parellas de centrais da historia branca. Tras a retirada de Sanchís en 2001, Hierro converteuse no capitán do equipo. Ao longo dos seus 14 tempadas no Madrid gañou un importante número de títulos, entre eles 5 Ligas e 3 Copas de Europa.
Tras abandonar o Real Madrid en 2003, xogou no Al-Rayyan qatarí, e na tempada 2004/05 volveu ao fútbol europeo co Bolton Wanderers inglés do seu antigo compañeiro Iván Campo. O 9 de maio de 2005 anunciou a súa retirada do fútbol profesional ao termo da liga.
Desde o verán de 2007 exerce de Director Deportivo da Real Federación Española de Fútbol.
Selección nacional
editarFoi internacional 89 veces. Debutou o 20 de setembro de 1989, nun amigable contra Polonia, e é o terceiro goleador histórico da selección española, con 29 goles, logo de Raúl (44 goles en 102 partidos) e Villa. Tamén foi durante anos o capitán da selección.
Retirouse da súa selección despois do Mundial de Corea e o Xapón 2002 no cal foi elixido no once ideal do torneo. Disputou os mundiais de 1990 (aínda que non chegou a xogar), 1994, 1998 e 2002, e as Eurocopas de 1996 e 2000.
Tras a súa retirada como futbolista, en setembro de 2007 é nomeado director deportivo da Selección Española, cargo que depende da RFEF.
Goles en Copas do Mundo
editarDía | Lugar | Opoñente | Marcador | Resultado | Competición | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 de xullo de 1994 | Robert F. Kennedy Memorial Stadium, Washington, D.C., Estados Unidos |
Suíza | 1–0 | 3–0 | Mundial 1994 |
2 | 13 de xuño de 1998 | Stade de la Beaujoire, Nantes, Francia |
Nixeria | 1–0 | 2–3 | Mundial 1998 |
3 | 24 de xuño de 1998 | Stade Félix Bollaert, Lens, Francia |
Bulgaria | 1–0 | 6–1 | Mundial 1998 |
4 | 2 de xuño de 2002 | Estadio Guus Hiddink, Gwangju, Corea do Sur |
Eslovenia | 3–1 | 3–1 | Mundial 2002 |
5 | 7 de xuño de 2002 | Estadio Mundialista de Jeonju, Jeonju, Corea do Sur |
Paraguai | 3–1 | 3–1 | Mundial 2002 |
Palmarés
editarCampionatos nacionais
editar- Liga de España (5): 1989–90, 1994–95, 1996–97, 2000–01, 2002–03.
- Copa do Rei (1): 1992–93.
- Supercopa de España (4): 1990, 1993, 1997, 2001.
Campionatos internacionais
editar- 3 Copas de Europa (1998, 2000, 2002)
- 1 Supercopa de Europa (2002)
- 2 Copas Intercontinentais (1998, 2002)
Distincións individuais
editar- É o 5º xogador con máis partidos no Real Madrid con 598 encontros, por detrás de Sanchís, Santillana, Raúl e Gento.
- Comparte o segundo posto de máximos goleadores de España nos Mundiais con Raúl González, Fernando Morientes e Emilio Butragueño, todos con 5 goles, tras David Villa con 8 tantos.
- Foi elixido mellor defensa da Copa de Europa en 1998.
- Ao longo da súa carreira anotou 108 goles coa camiseta branca, cifra sorprendente para a súa posición o campo.
- Logrou un Hat-Trick no Santiago Bernabeu gañando ao Real Zaragoza por 3-1 o 24 de marzo de 2002, ao día seguinte de cumprir 34 anos.
- Formou parte do once ideal na Copa do Mundo 2002 do Xapón e Corea.