Radomir Antić

futbolista e adestrador de fútbol serbio

Radomir Antić, nado en Žitište (Serbia, por entón pertencente á República Federal Socialista de Iugoslavia) o 22 de novembro de 1948 e finado en Madrid o 6 de abril de 2020, foi un exfutbolista e adestrador de fútbol serbio que xogou na demarcación de defensa.

Radomir Antić
Información persoal
Nome Radomir Antić
Nacemento 22 de novembro de 1948 (75 anos)
Lugar de nacemento Žitište
Falecemento 6 de abril de 2020
Lugar de falecemento Madrid
Altura 1,78 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967-1970 Sloboda Užice
1970-1977 Partizan 181 (9)
1977-1978 Fenerbahçe 28 (2)
1978-1980 Real Zaragoza 58 (7)
1980-1984 Luton Town 100 (9)
Selección nacional
Iugoslavia 5 (0)
Adestrador
1985-1988 FK Partizan Belgrado
1988-1990 Real Zaragoza
1990-1992 Real Madrid CF
1992-1995 Real Oviedo
1995-1998 Atlético de Madrid
1999-2000 Atlético de Madrid
2000-2001 Real Oviedo
2003 FC Barcelona
2004 Celta de Vigo
2008-2010 Selección de fútbol de Serbia
2012-2013 Shandong Luneng CF
2015- Hebei Zhongji
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Coma xogador editar

Comezou xogando no FK Sloboda Užice, fichando pronto por un grande da liga iugoslava, o FK Partizan Belgrado, no que militou durante sete tempadas, durante as cales se proclamou campión de liga en 1976.

En 1977 fichou polo Fenerbahçe SK turco, co que tamén conquistou o título da liga. Un ano despois fichou polo Real Zaragoza, onde permaneceu dous anos. En 1980 trasladouse a xogar a Inglaterra, fichando polo Luton Town FC, onde se retirou coma futbolista profesional.

Coma adestrador editar

Comezou a súa carreira coma adestrador no FK Partizan Belgrado, onde gañou dúas ligas nas súas dúas primeiras tempadas no club. En 1988 volveu ao Real Zaragoza; na súa primeira tempada no equipo aragonés rematou o campionato en quinta posición, clasificandoa para disputar a Copa da UEFA.

A metade da tempada 1990/91 fichou polo Real Madrid para substituír a Alfredo Di Stéfano; obtivo bos resultados e rematou o campionato en terceira posición. Porén, o ano seguinte foi destituído a causa do mal xogo a pesar de estar na primeira posición da liga.

Comezada a tempada 1992/93 substitúe a Javier Irureta no Real Oviedo, equipo onde permaneceu tres tempadas. En 1995 fichou polo Atlético de Madrid; no equipo madrileño tivo a súa mellor época, gañando a Liga e a Copa do Rei en 1996. En 1998 deixou o equipo, pero a finais da tempada 1999/00 volveu ser chamado para tentar salvalo do descenso a Segunda División, obxectivo que non acadou.

Ao ano seguinte sufriu outro descenso, esta vez no Real Oviedo.

En xaneiro de 2003 fichou polo FC Barcelona para substituír a Louis Van Gaal, colleu o equipo a tres puntos do descenso e rematou a tempada en postos de Copa UEFA e chegou a cuartos de final da Liga de Campións. A pesar deste bo rendemento e da boa opinión da xunta directiva, a vitoria de Joan Laporta nas eleccións a presidencia fan que non se renove o adestrador serbio e se fiche o holandés Frank Rijkaard.

A mediados da tempada 2003/04 fichou polo Celta de Vigo en substitución de Lotina para tentar salvar o equipo do descenso. Porén, o tecnico centrou a atención na Liga de Campións, na que o equipo galego seguía vivo, e renunciou ao seu cargo trala eliminación do mesmo ante o Arsenal Football Club e tras so dúas vitorias en campionato ligueiro. O equipo rematou descendendo a final de tempada.

Entre os anos 2008 e 2010 fíxose cargo da Selección de fútbol de Serbia e clasificouna como primeira de grupo para o Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010, pero foi eliminada na fase de grupos e foi destituído en setembro dese ano.

O 26 de decembro de 2012 foi contratado polo Shandong Luneng, da Superliga chinesa. Deixou o equipo o ano seguinte e en 2015 fichou polo Hebei Zhongji, da segunda división chinesa.