Fernando Delgado

(Redirección desde «Fernando García Delgado»)

Fernando González Delgado, nado en Santa Cruz de Tenerife en 1947, é un xornalista e escritor canario.

Fernando Delgado
Nacemento4 de decembro de 1947
Lugar de nacementoSanta Cruz de Tenerife
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor, político, presentador de televisión, xornalista e xornalista de opinión
PremiosPremios Ondas 1995 e Premio Planeta
Na rede
IMDB: nm0216944 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira profesional no diario El Día. Máis tarde pasou aos diarios Pueblo e Informaciones, onde se converteu en crítico literario.

O seu salto ao mundo da radio produciuse a través de Radio Nacional de España, onde ingresou por oposición en 1967. Co tempo, chegou a converterse no primeiro Director de Radio 3 (1981-1982) e da propia RNE en dúas ocasións: 1982-1986 e 1990-1991.

Baixo o seu primeiro mandato realizou unha profunda renovación en formatos e contidos e abandonaron a canle pública profesionais como Luis del Olmo, Jesús Quintero, Alejo García e Julio de Benito, sendo finalmente destituído por Pilar Miró. En 1986 foi nomeado membro do Consello de RTVE, a proposta do PSOE, cargo que ocupa ata 1990.

En 1991 pasa a ser Director de Tele-Expo, a canle televisiva da Exposición Universal de Sevilla de 1992. Unha vez finalizada a mesma, converteuse xunto a María Escario, no novo presentador dos Telediarios de TVE de fin de semana, en substitución de Rosa María Mateo.

En 1996, trala renovación do equipo directivo da canle foi relevado do seu cargo á fronte do informativo, e regresou á radio, incorporándose á Cadena SER, onde se fixo cargo do magazine A vivir que son dos días, un espazo sobre arte, cultura, ocio e actualidade, no que permanece ata 2005, cando decidiu abandonalo sendo substituído por Àngels Barceló despois de ter acadado o liderado de audiencia na súa franxa horaria.

Na actualidade[cando?] segue colaborando coa Cadena SER.

Literatura editar

En 1976 publicou a súa primeira novela, Tachero e transcorrerían catro anos ata que aparecese a súa seguinte obra, Exterminio en Lastenia, de marcado carácter experimental.

En 1994 saíu á luz a que o autor considera a súa obra máis persoal, Háblame de ti, e un ano despois conseguiu o Premio Planeta co que é o ata o momento o seu libro máis vendido: La Mirada del otro.

Non só escribiu novela. Tamén cultivou a poesía (Proceso de adivinaciones e Autobiografía del hijo) e o ensaio Cambio de tiempo (1994).

Premios editar

Libros publicados editar

  • Mísero templo (1972)
  • Tachero (1976)
  • Exterminio en Lastenia (1979)
  • Proceso de adivinaciones (1981)
  • Cuatro ejemplos para una nueva sociedad canaria (1985)
  • Háblame de ti (1994)
  • Génesis (1994)
  • Cambio de tiempo (1994)
  • Autobiografía del hijo (1995)
  • Ciertas personas (1996)
  • Escrito por Luzbel (1998)
  • No estabas en el cielo (1996)
  • Presencias de ceniza (2001)
  • Isla sin mar (2002)