Feresa attenuata

especie de cetáceo da familia dos delfínidos

Feresa é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Feresa.

Feresa attenuata

Esqueleto de Feresa attenuata

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Datos insuficientes[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Globicephalinae
Xénero: Feresa
Gray, 1870 [2]
Especie: F. attenuata
Nome binomial
Feresa attenuata
Gray, 1874 [3]
Distribución de Feresa attenuata
Distribución de Feresa attenuata

Distribución de Feresa attenuata
Sinonimia
Referencia:>ref name=S/>
  • Delphinus intermedius Gray, 1827
  • Feresa occulta Jones and Packard, 1956

É unha especie pouco coñecida porque se ve poucas veces na natureza, aínda que a súa distribución é ampla e parece que pode encontrarse en calquera lugar do mundo nadando en augas tropicais e subtropicais, sempre profundas.[4]

Até principios dos anos 1950 só era coñecida por dous cranios conservados no Museo de Historia Natural de Londres. Pero en 1954 o cetólogo xaponés Muneasto Yamada publicou un artigo sobre unha "rara marsopa" descuberta polos cazadores de baleas de Honshū dous anos antes.

Taxonomía editar

A primeira descrición da especie foi feita en 1874 por John Edward Gray, que se baseou para facelo nun gravado, e que a denominou Delphinus intermedius. Máis tarde foi reclasificada no xénero Feresa, descrito polo propio Gray catro anos antes, de xeito que na actualidade o seu nome científico válido é Feresa attenuata (Gray, 1874).


Características editar

De corpo robusto, de 2,1 a 2,6 m de lonxitude e un peso entre os 110 e os 170 kg, nos adultos, de coloración escura, que pode variar entre a gris escura ou case negra e a gris apardazada na rexión dorsal, máis clara nos flancos e cunha mancha grande branca no ventre. A cabeza é moi narredondada, sen bico, e cos labios brancos; algúns individuos poden ter o mento branco. A aleta dorsal é prominente, de forma triangular, co ápixe arredondado e o bordo posterior cóncavo. As pectorais son longas, cos bordos posteriores convexos.[4]

Distribución e poboación editar

A súa distribución non se coñece ben, e os datos dispoñíbeis proceden de lugares moi diseminados por todo o mundo. Viven en augas cálidas e profundas, especialmente nas tropicais, pero ocasionalmente se desvía cara a rexións temperadas cálidas. Observouse con relativa frecuencia no Pacífico tropical oriental, Hawai e o Xapón. Non se coñecen migracións, e se cre que viven todo o ano nas zonas en que están ben estudadas, como Sri Lanka, no océano Índico, e a illa de San Vicente no mar Caribe.[4]

Debido a este descoñecemento, a UICN cualificou o ano 2008 o estado de conservación da especie como "DD" (datos insuficientes).[5]

Comportamento editar

Como quedou dito, é difícil de observar, xa que evita os barcos, aínda que se teñen datos de individuos que saltaban as ondas formadas polas embarcacións. Ás veces víronse algúns espécimes flotando, deixándose ir á deriva, sobre todo en días soleados. É unha nadadora vivaz, e a cabeza adoita saír da auga cando o animal chega á superficie; cando sente algún perigo, salta claramente fóra da auga. As mandas nadan coordinadamente e, en caso de alarma, os individuos reúnense para fuxiren xuntos.[4]

Notas editar

  1. Taylor, B.L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S.M., Ford, J., Mead, J.G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R.L. (2008). "Feresa attenuata". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 16 de setembro de 2010. 
  2. Feresa Gray, 1870 en ITIS.
  3. Feresa attenuata Gray, 1874 en ITIS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Carwardine, M. (1995), pp. 156-147.
  5. Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): "Lista vermella" de especies ameazadas da UICN. Varsión 2013.1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar