Ferdinand Georg Frobenius

matemático alemán

Ferdinand Georg Frobenius, nado en Charlottenburg o 26 de outubro de 1849 e finado en Berlín o 3 de agosto 1917, foi un Matemático alemán recoñecido polas súas achegas á teoría das ecuacións diferenciais e á teoría de grupos, ademais de polo seu afondamento no teorema de Cayley-Hamilton e a súa achega ao teorema exposto por Eugène Rouché chamado entón teorema de Rouché-Frobenius.[1]

Ferdinand Georg Frobenius
Nacemento26 de outubro de 1849
Lugar de nacementoCharlottenburg
Falecemento3 de agosto de 1917
Lugar de falecementoBerlín
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Gotinga, Universidade Humboldt de Berlín e ETH Zürich
Ocupaciónmatemático e profesor universitario
Na rede
WikiTree: Frobenius-3
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado no luxoso suburbio berlinés de Charlottenburg, cursou os seus estudos superiores na Universidade Humboldt de Berlín sendo a súa tese sobre a solución das ecuacións diferenciais baixo a dirección de Karl Weierstrass.[1] Logo de graduado en 1870 mudouse a Zúric onde sentou cátedra no Polytechnicum desa importante cidade helvética, actualmente chamado ETH Zürich. En 1893 retornou a Berlín onde foi electo membro da Academia de Ciencias Prusiana.

A súa obra contribuíu a establecer a chamada lei de reciprocidade de Frobenius e os grupos de Frobenius, versando principalmente na teoría alxébrica dos grupos finitos e a sistematización da álxebra mediante procedementos de lóxica matemática e axiomática.

Achegas á teoría de grupos editar

A teoría de grupos constituíu un dos principais intereses de F.G. Frobenius no segundo período da súa actividade científica. Unha das súas primeiras achegas relevantes respecto diso foi a demostración dos teoremas de Sylow mediante grupos abstractos; as demostracións precedentes eran por grupos de permutacións.

Aínda máis importante foi a creación da teoría dos caracteres de grupo e das representacións de grupos, dous instrumentos fundamentais para o estudo da estrutura dos grupos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar