Felipe Lubián
Felipe Lubián Lubián, nado en Lubián en 1952, é un político socialista[1][2][3] da comarca das Portelas, na provincia de Zamora. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004.[4][5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Lubián, España |
Procurador nas Cortes de Castela e León | |
17 de xuño de 2003 – 18 de xuño de 2007 Lexislatura: 6th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: Zamora (en) Electo en: 2003 Castilian-Leonese regional election (en) | |
Procurador nas Cortes de Castela e León | |
5 de xullo de 1999 – 16 de xuño de 2003 Lexislatura: 5th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: Zamora (en) Electo en: Castile and León parliamentary election, 1999 (en) | |
Procurador nas Cortes de Castela e León | |
21 de xuño de 1995 – 4 de xullo de 1999 Lexislatura: 4th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: Zamora (en) Electo en: 1995 Castilian-Leonese regional election (en) | |
Alcalde de Lubián | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
editarTras exercer como mestre na súa localidade natal deu clase en Santa Coloma de Gramenet. En 1978 volveu á provincia de Zamora, exercendo a dirección do CRA Tuela Bibey de Lubián ata 1994. Foi profesor de Matemáticas no IES Valverde de Lucerna de Proba de Seabra ata a súa xubilación.[6]
Defensor do galego na súa comarca nativa, organizou a asociación cultural Xente Nova, é conferenciante habitual sobre o galego estremeiro[7] e polo seu labor recibiu o premio Roberto Vidal Bolaño en 2008.[8] Tamén é autor do conto infantil "O lobo no cortello" publicado no libro Os contos do xílgaro (1992).[9] Ten utilizado o pseudónimo de Pin Ladreda.[10]
En 2024, a Asociación de Amigos do Couto Mixto recoñeceuno como Xuíz Honorario.[11]
Traxectoria política
editarÉ alcalde da súa localidade natal dende 1979, militante dende 1984 do PSOE. En 1987 entrou na deputación provincial polo partido xudicial de Puebla de Sanabria, cargo que mantivo ata 1995. Durante a IV Lexislatura foi procurador nas Cortes de Castela e León, pola provincia de Zamora.
Notas
editar- ↑ "Diputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 12 de maio de 2018.
- ↑ Lubián, el político bipolar
- ↑ "Ayuntamiento de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2018.
- ↑ Membros da RAG
- ↑ Diario, Nós. "Felipe Lubián, alcalde de Lubián (Seabra): "A proporción de galegofalantes na Galiza é moi inferior á de Lubián"". Nós Diario. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ S, A. (2018-06-11). "El Instituto Valverde de Lucerna: 25 años de historia". La Opinión de Zamora (en castelán). Consultado o 2021-05-28.
- ↑ "Felipe Lubián falará en Verín sobre “ser zamorano e falar galego". O Sil, 19 de novembro de 2015
- ↑ "As Redes Escarlata premian a Felipe Lubián por manter vivo o galego nos concellos de Zamora" Arquivado 13 de maio de 2018 en Wayback Machine.. Galicia Hoxe, 24 de xuño de 2008
- ↑ Francisco Fernández Rei "A situación do galego no occidente de Asturias, León e Zamora" en Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas. Universidade de Santiago de Compostela, 1999, p. 53
- ↑ "p". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ "Couto Mixto, unha república rescatada". 26/06/2024. Consultado o 01/07/2024.