Cortes de Castela e León
As Cortes de Castela e León (en castelán: Cortes de Castilla y León) son o órgano lexislativo da comunidade autónoma de Castela e León. Os seus membros chámanse procuradores e o seu cometido é o de representar aos cidadáns casteláns e leoneses. Son elixidos por sufraxio universal, libre, directo e secreto. A súa sede está situada na Praza das Cortes de Castela e León, 1, Valladolid.
Cortes de Castela e León | |
---|---|
XI lexislatura | |
Datos xerais | |
Ámbito | España |
Tipo | Parlamento autonómico (unicameral) |
Inicio de sesións | 10 de marzo de 2022 |
Liderado | |
Presidente | Carlos Pollán desde o 10 de marzo de 2022 |
Presidente da Cámara Baixa | Francisco Vázquez desde o 21 de xuño de 2019 |
Vicepresidenta segunda | Ana Sánchez desde o 21 de xuño de 2019 |
Secretario primeiro | Diego Moreno desde o 10 de marzo de 2022 |
Secretaria segunda | Rosa Esteban desde o 10 de marzo de 2022 |
Secretaria terceira | Fátima Pinacho desde o 10 de marzo de 2022 |
Composición | |
Membros | 81 procuradores |
Grupos representados | Goberno (44) Partido Popular 31 Vox 13 Oposición (37) PSCyL-PSOE 28 UPL 3 Soria ¡Ya! 3 Unidas Podemos 1 Non adscrito ex-Cs 1 Por Ávila 1 |
Eleccións | |
Última elección | 13 de febreiro de 2022 |
Sede(s) | |
Hemiciclo das Cortes de Castela e León | |
Sitio web | |
www.ccyl.es |
Historia
editarEn 1983, coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Castela e León, constitúense como órgano lexislativo, sendo elixido de xeito democrático. Inicialmente a sede era o castelo de Fuensaldaña.
Posición estatutaria
editarAsignación de escanos
editarDe acordo co artigo 19 da Ley 3/1987, de 30 de marzo, Electoral de Castilla y León[1] o decreto de convocatoria deberá especificar o número de Procuradores que integrarán as Cortes de Castela e León, e o que corresponda elixir en cada circunscrición electoral, en aplicación do dispuesto no artigo 18. O censo de poboación de dereito da Comunidade Autónoma, vixente na data da convocatoria, servirá de base para determinar os Procuradores que corresponda elixir en cada circunscrición electoral. Ata a IX Lexislatura, as Cortes de Castela e León estiveron compostas por 84 procuradores,[2] pero na X lexislatura baixaron aos 81 actuais.[3] Estes son elixidos polas nove circunscricións electorais castelás e leonesas que, á súa vez, corresponde coas nove provincias da comunidade autónoma. Cada unha delas elixe a un número diferente de deputados. A cada provincia asígnaselle un número inicial de tres Procuradores e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500. Nos últimos comicios celebrados (13 de febreiro de 2022) a distribución de escanos produciuse da seguinte forma:
- Provincia de Ávila: 7 procuradores
- Provincia de Burgos:11 procuradores
- Provincia de León: 13 procuradores
- Provincia de Palencia: 7 procuradores
- Provincia de Salamanca: 10 procuradores
- Provincia de Segovia: 6 procuradores
- Provincia de Soria: 5 procuradores
- Provincia de Valladolid: 15 procuradores
- Provincia de Zamora: 7 procuradores
Composicións históricas
editar-
1983-1987
-
1987-1991
-
1991-1995
-
1995-1999
-
1999-2003
-
2003-2007
-
2007-2011
-
2011-2015
-
2015-2019
-
2019-2022
-
2022-Act.
Funcións da Cámara
editarSegundo os artigos 23 e 24 (Capítulo Primeiro do Título Segundo) do Estatuto de Autonomía de Castela e León, as funcións das Cortes de Castela e León son as seguintes:
- Elixir entre os seus membros ao Presidente, á Mesa e á Deputación Permanente. Corresponderá ao Presidente o exercicio en nome das Cortes de todos os poderes administrativos e facultades de policía no interior da súa sede.
- Establecer o seu propio Regulamento, cuxa aprobación e reforma requerirán a maioría absoluta nunha votación final sobre a súa totalidade. Así mesmo, aproban o Estatuto do Persoal das Cortes de Castela e León e establecen autónomamente os seus presupostos.
- Exercer a potestade lexislativa da Comunidade nos termos establecidos pola Constitución, polo presente Estatuto e polas leis do Estado que lles atribúan tal potestade.
- Controlar e impulsar a acción política e de goberno da Xunta e do seu Presidente.
- Aprobar os Presupostos da Comunidade e os das propias Cortes, así como a rendición anual de contas de ambos.
- Elixir de entre os seus membros ao Presidente da Xunta de Castela e León.
- Designar aos Senadores que representarán á Comunidade, segundo o previsto no artigo 69.5 da Constitución. Os Senadores serán designados en proporción ao número de membros dos grupos políticos representados nas Cortes de Castela e León.
- Solicitar do Goberno a adopción dun proxecto de lei, o remitir á Mesa do Congreso dos Deputados unha proposición de lei nos termos que establece o artigo 87, apartado 2, da Constitución.
- Interpoñer recursos de inconstitucionalidade, de acordo co que establece o artigo 162, apartado 1.a), da Constitución, e a Lei Orgánica do Tribunal Constitucional.
- Exercitar a iniciativa de reforma da Constitución, nos termos previstos na mesma.
- Facilitar ao Goberno as previsións de índole política, social e económica a que se refire o artigo 131, apartado 2, da Constitución.
- Establecer e esixir tributos de acordo coa Constitución, o presente Estatuto e as correspondentes leis do Estado.
- Aprobar transferencias de competencias da Comunidade aos municipios, provincias e outras entidades locais da mesma, salvo o que determina o presente Estatuto ou dispoña unha previa lei da propia Comunidade.
- Ratificar os convenios que a Xunta conclúa con outras comunidades autónomas para a xestión e prestación de servizos propios das mesmas. Ditos convenios serán comunicados de inmediato ás Cortes Xerais.
- Ratificar os acordos de cooperación que sobre materias distintas ás mencionadas no número anterior conclúa a Xunta con outras comunidades autónomas previa autorización das Cortes Xerais.
- Convalidar os Decretos Leis aprobados pola Xunta, de acordo co disposto no artigo 25.4 do presente Estatuto.
- Exercer cantos outros poderes, competencias e atribucións lles asignen a Constitución, o presente Estatuto e as leis.
Composición das Cortes na XI lexislatura
editarResultado electoral
editar- Artigo principal: Eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022.
Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022, celebradas o domingo 13 de febreiro, o Partido Popular de Castela e León gañou as eleccións, quedando o Partido Socialista de Castela e León en segundo lugar, Vox en terceiro lugar, Unión del Pueblo Leonés en cuarto lugar, Soria ¡Ya! en quinto lugar, Unidas Podemos en sexto lugar, Ciudadanos en sétimo lugar e Por Ávila en oitavo lugar. Os datos máis destacables da xornada electoral foron a diminución de escaos do Partido Socialista de Castela e León e de Ciudadanos, pasando de 35 procuradores a 28 e de 12 procuradores a 1, respectivamente, o aumento de 12 escanos de Vox pasando a ter 13 procuradores e a irrupción de Soria ¡Ya! con 3 escanos. Deste modo, os resultados nas eleccións foron os seguintes:
Eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022 | ||||||
Partido | Candidato | Deputados | ||||
Partido Popular de Castela e León | Alfonso Fernández Mañueco | 382.157 | 31,05% | 31 | 2 | |
Partido Socialista de Castela e León | Luis Tudanca | 365.434 | 29,70% | 28 | 7 | |
Vox | Juan García-Gallardo | 214.668 | 17,44% | 13 | 12 | |
Unión del Pueblo Leonés | Luis Mariano Santos | 52.098 | 4,23% | 3 | 2 | |
Soria ¡Ya! | Ángel Ceña | 19.385 | 1,57% | 3 | Novo | |
Unidas Podemos | Pablo Fernández | 62.138 | 5,05% | 1 | 1 | |
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía | Francisco Igea | 54.721 | 4,45% | 1 | 11 | |
Por Ávila | Pedro Pascual | 13.875 | 1,13% | 1 | ||
Órganos das Cortes
editarO Estatuto de Autonomía e o Regulamento das Cortes de Castela e León prevén a existencia dunha serie de órganos dentro do Parlamento para asegurar o seu funcionamento.
Órganos funcionais
editarSon os órganos que están facultados para expresar a vontade política das Cortes: o Pleno, as Comisións e a Deputación Permanente.
O Pleno
editarO Pleno é o órgano máis importante das Cortes de Castela e León, pois reúne á totalidade dos Procuradores que compoñen a Cámara. Nesta XI lexislatura está integrado por 81 Procuradores, que son elixidos por sufraxio universal en cada unha das nove circunscricións provinciais coas que conta a Comunidade Autónoma.
Para a determinación do número de Procuradores, séguese a norma do artigo 21.2 do Estatuto de Autonomía, segundo a cal se asigna a cada provincia un número mínimo de tres Procuradores, e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500 habitantes.
No Pleno, os procuradores agrúpanse nos seguintes grupos parlamentarios:
Grupo parlamentario | Integrantes | Voceiro | Líder | Deputados | |
---|---|---|---|---|---|
Popular | Partido Popular de Castela e León | Raúl de la Hoz | Alfonso F. Mañueco | 31 | |
Socialista | Partido Socialista de Castela e León | Luis Tudanca | 28 | ||
VOX Castela e León | Vox | Carlos Menéndez | Juan García-Gallardo | 13 | |
UPL-SORIA ¡YA! | Unión del Pueblo Leonés: 3 Soria ¡Ya!: 3 |
Luis Mariano Santos | Luis Mariano Santos Ángel Ceña |
6 | |
Mixto | Unidas Podemos: 1 Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía: 1 Por Ávila: 1 |
Francisco Igea | Pablo Fernández Francisco Igea Pedro Pascual |
3 | |
Fonte: Cortes de Castela e León[5] |
As Comisións
editarAs Comisións son órganos constituídos no seo das Cortes de Castela e León por un número reducido de procuradores, seleccionados por razón da súa competencia, que se especializan nunha determinada materia ou ás que se encomenda un asunto concreto. As comisións poden ser:
- Permanentes: son estabelecidas pola Mesa, previo acordo da Xunta de Voceiros, ao comezo de cada lexislatura.
- Non permanentes: créanse para un traballo concreto e extínguense á finalización do mandato encomendado e, en todo caso, ao concluír a lexislatura. A esta clase pertencen as Comisións de Investigación.
Comisións das Cortes de Castela e León | |||
Comisión | Presidencia | Grupo | |
---|---|---|---|
Comisións permanentes lexislativas | |||
Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural | Ana Rosa Hernando Ruiz | Vox | |
Cultura, Turismo e Deporte | José Antonio Palomo Martín | Vox | |
Economía e Facenda | María Paloma Vallejo Quevedo | PPCyL | |
Educación | Pedro Antonio Heras Jiménez | PPCyL | |
Familia e Igualdade de Oportunidades | María Inmaculada Ranedo Gómez | PPCyL | |
Industria, Comercio e Emprego | Francisco Javier Carrera Noriega | Vox | |
Medio Ambiente, Vivenda e Ordenación do Territorio | Vacante | PPCyL | |
Mobilidade e Transformación Dixital | Emilio José Berzosa Peña | PPCyL | |
Presidencia | Ramiro Felipe Ruiz Medrano | PPCyL | |
Sanidade | María Ángeles García Herrero | PPCyL | |
Estatuto | Noemí Rojo Sahagún | PPCyL | |
Comisións permanentes non lexislativas | |||
Procuradores | Noemí Rojo Sahagún | PPCyL | |
Relacións co procurador do Común | Javier Bernardo Teira Lafuente | Vox | |
Regulamento | Carlos Pollán Fernández | Vox |
A Deputación Permanente
editarA Deputación Permanente é un órgano permanente das Cortes cuxa función é velar polos poderes das Cortes de Castela e León cando estas non se encontran reunidas, ben pola finalización da lexislatura (por expiración natural do seu mandato ou por disolución anticipada), ou ben por atoparse en período de vacacións parlamentarias.
En canto á súa composición, este órgano está formado polo presidente das Cortes, que a presidirá, polos demais membros da Mesa (que, co presidente, constituirán a Mesa da Deputación Permanente) e polos Procuradores que designen os Grupos Parlamentarios.
A súa función xenérica é a de «velar polos poderes da Cámara». En concreto, podemos distinguir dous supostos:
- Nos períodos de vacacións parlamentarias, a única competencia que o Regulamento confía á Deputación Permanente é a de acordar por maioría absoluta a convocatoria das Cortes.
- Nos supostos de disolución anticipada das Cortes ou finalización do mandato parlamentario, correspóndelle exercer o control da lexislación delegada, autorizar créditos extraordinarios e suplementos de crédito e poderá acordar a interposición de recursos de inconstitucionalidade ou o planteamento pola Xunta de Castela e León de conflitos de competencia ante o Tribunal Constitucional (en supostos de urxencia, sempre que se pronuncien en tal sentido a maioría absoluta dos seus membros).
Mesa das Cortes | |||
---|---|---|---|
Cargo | Titular | Lista | |
Presidente | Carlos Pollán Fernández | Vox | |
Vicepresidente primeiro | Francisco Javier Vázquez Requero | PPCyL | |
Vicepresidenta segunda | Ana Sánchez Hernández | PSCyL | |
Secretario Primeiro | Diego Moreno Castrillo | PSCyL | |
Secretaria Segunda | Rosa María Esteban Ayuso | PPCyL | |
Secretaria Terceira | María de Fátima Pinacho Fernández | Vox | |
Titulares | |||
Grupo parlamentario | Titular | Lista | |
GP Popular 7 membros (5 + 2 en Mesa) |
Raúl de la Hoz Quintano | PPCyL | |
Miguel Ángel García Nieto | |||
María de las Mercedes Cófreces Martín | |||
Ángel Mariano Ibáñez Hernando | |||
Óscar Reguera Acevedo | |||
GP Socialista 6 membros (4 + 2 en Mesa) |
Luis Tudanca Fernández | PSCyL | |
Elisa Patricia Gómez Urbán | |||
Ángel Hernández Martínez | |||
Nuria Rubio García | |||
GP VOX Castilla y León 3 membros (1 + 2 en Mesa) |
Carlos Menéndez Blanco | Vox | |
GP UPL-SORIA ¡YA! 1 membro |
Luis Mariano Santos Reyero | UPL | |
GP Mixto 1 membro |
Francisco Igea Arisqueta | Ciudadanos | |
Fonte: Cortes de Castela e León[6] |
Órganos de goberno e administración
editarEstán encargados de dirixir e impulsar a vida interna do Parlamento, organizando os seus traballos e xestionando os recursos persoais e materiais cos que conta para o desempeño das súas funcións. Son a Presidencia, a Mesa e a Xunta de Voceiros.
A Presidencia
editar- Artigo principal: Presidentes das Cortes de Castela e León.
A Presidencia é a máxima autoridade dentro da sede parlamentaria. Segundo o artigo 28 do Regulamento das Cortes de Castela e León, correspóndelle á Presidencia ostentar a representación da Cámara, asegurar a boa marcha dos traballos, dirixir os debates, manter a orde dos mesmos e ordenar os pagos, sen prexuízo das delegacións que poida conferir. Ademais, corresponde á Presidencia cumprir e facer cumprir o Regulamento, interpretándoo en caso de dúbida e suplíndoo en caso de omisión.
Como Presidencia das Cortes, correspóndelle tamén a Presidencia da Mesa (artigo 26 do Regulamento), da Xunta de Voceiros (artigo 37 do Regulamento) e da Deputación Permanente (artigo 55 do Regulamento). En canto representante do poder lexislativo da comunidade autónoma, e aos efectos do seu posterior nomeamento, comunica ao rei e ao Goberno de España a elección polo pleno da cámara do presidente de Castela e León.
É o máximo órgano de relación institucional co resto dos órganos políticos rexionais e nacionais, ocupando o segundo lugar no protocolo autonómico, despois do presidente da comunidade autónoma de Castela e León.
Presidentes das Cortes de Castela e LeónLexislatura Presidente/a Partido Comezo de mandato Fin de mandato Circunscrición I lexislatura Dionisio Llamazares Fernández PSOECyL 21 de maio de 1983 1 de xullo de 1987 Valladolid II lexislatura Carlos Sánchez-Reyes de Palacio CDS 2 de xullo de 1987 20 de xuño de 1991 Valladolid III lexislatura Manuel Estella Hoyos PPCyL 21 de xuño de 1991 20 de xuño de 1995 Salamanca IV lexislatura 21 de xuño de 1995 4 de xullo de 1999 V lexislatura 5 de xullo de 1999 16 de xuño de 2003 VI lexislatura José Manuel Fernández Santiago 17 de xuño de 2003 18 de xuño de 2007 Ávila VII lexislatura 19 de xuño de 2007 13 de xuño de 2011 VIII lexislatura María Josefa García Cirac 14 de xuño de 2011 15 de xuño de 2015 Zamora IX lexislatura Silvia Clemente Municio 16 de xuño de 2015 12 de marzo de 2019 Segovia Ángel Ibáñez Hernando 12 de marzo de 2019 20 de xuño de 2019 Burgos X lexislatura Luis Fuentes Rodríguez Cs 21 de xuño de 2019 9 de marzo de 2022 Valladolid XI Lexislatura Carlos Pollán Fernández Vox 10 de marzo de 2022 No cargo León
A Mesa
editarA Mesa é o órgano reitor das Cortes e ostenta a súa representación colexiada nos actos aos que asista. Trala reforma do Regulamento das Cortes de 25 de novembro de 2015, a Mesa está composta polo presidente das Cortes, dous vicepresidentes e tres secretarios.
Reunirase por convocatoria do presidente, e considerarase validamente constituída cando estean presentes cando menos catro dos seus membros. O presidente dirixe e coordina a acción da Mesa. Esta adoptará os seus acordos por maioría dos presentes, e no caso de empate o presidente fará uso do seu voto de calidade.
Ten este órgano as funcións que normalmente lle asignan os regulamentos parlamentarios, así podemos citar: adoptar cantas decisións e medidas requiran a organización do traballo e o réxime e goberno interiores das Cortes, elaborar o proxecto de presuposto das Cortes, dirixir e controlar a execución do presuposto aprobado, aprobar o cadro do persoal das Cortes e as normas que regulen o acceso á mesma, ordenar os gastos das Cortes, etc.
Os acordos da Mesa tómanse por maioría dos presentes. Cando se produza empate, o presidente ou quen en aquel momento exerza as súas funcións fará uso do voto de calidade.
Os membros da Mesa serán elixidos na sesión constitutiva das Cortes. Para a elección dos vicepresidentes e dos secretarios, cada procurador escribirá un nome na papeleta e resultarán elixidos os que por orde correlativa obteñan o maior número de votos. Tanto uns coma outros exercen as funcións normais de substitución e asistencia ao presidente, respectivamente.
Cargo | Titular | Partido |
---|---|---|
Presidente | Carlos Pollán Fernández | Vox |
Vicepresidente primeiro | Francisco Javier Vázquez Requero | PPCyL |
Vicepresidenta segunda | Ana Sánchez Hernández | PSCyL |
Secretario primeiro | Diego Moreno Castrillo | PSCyL |
Secretaria segunda | Rosa María Esteban Ayuso | PPCyL |
Secretaria terceira | María de Fátima Pinacho Fernández | Vox |
A Xunta de Voceiros
editarEste órgano colexiado está presidido polo presidente da Cámara, e nel intégranse os Voceiros dos distintos grupos parlamentarios e os membros da Mesa. O artigo 37 do Regulamento da cámara sinala que os Voceiros dos Grupos Parlamentarios constitúen a Xunta de Voceiros, que se reunirá baixo a presidencia do presidente das Cortes. Este convocaraa a iniciativa propia, a petición de dous Grupos Parlamentarios ou dun quinto dos membros das Cortes. A Xunta de Voceiros reunirase, ao menos, mensualmente durante os períodos ordinarios de sesións. Deberán asistir á Xunta de Voceiros, ao menos, un vicepresidente, un secretario da Cámara e un letrado da mesma.
Corresponde á Xunta de Voceiros fixar os criterios que contribúan a ordenar e facilitar os debates e as tarefas das Cortes e participar, entre outros, nos seguintes asuntos: fixar a orde do día dos plenos, establecer o número de comisións permanentes lexislativas, fixar o número de membros de cada grupo parlamentario que deberán formar as comisións , etc.
Cargo | Titular | Lista | |
---|---|---|---|
Presidente | Carlos Pollán Fernández | Vox | |
Vicepresidente primeiro | Francisco Javier Vázquez Requero | PPCyL | |
Vicepresidenta segunda | Ana Sánchez Hernández | PSCyL | |
Secretario Primeiro | Diego Moreno Castrillo | PSCyL | |
Secretaria Segunda | Rosa María Esteban Ayuso | PPCyL | |
Secretaria Terceira | María de Fátima Pinacho Fernández | Vox | |
Voceiros titulares | |||
Voceiro do GP Popular | Raúl de la Hoz Quintano | PPCyL | |
Voceiro do GP Socialista | Luis Tudanca Fernández | PSCyL | |
Voceiro do GP VOX Castela e León | Carlos Menéndez Blanco | Vox | |
Voceiro do GP UPL-SORIA ¡YA! | Luis Mariano Santos Reyero | UPL | |
Voceiro do GP Mixto | Francisco Igea Arisqueta | CS | |
Fonte: Cortes de Castela e León[8] |
Senadores designados polas Cortes de Castela e León
editarUnha das funcións que desempeñan as Cortes de Castela e León é a designación dos senadores que deben representar a Castela e León, conforme ao previsto na Constitución e na forma que determine a Lei de Designación de Senadores en representación de Castela e León.[9]
A designación dos senadores castelán-leoneses produciuse o día 10 de maio de 2022 nas Cortes de Castela e León. Así, elixíronse a un representante do Partido Socialista de Castela e León e dous do Partido Popular de Castela e León.[10] Polo tanto, a lista de senadores designados polas Cortes de Castela e León quedou da seguinte forma:
Partido | Senadores | Data comezo | |
---|---|---|---|
PPCyL | Javier Ignacio Maroto Aranzábal | 11 de maio de 2022 | |
Vidal Galicia Jaramillo | 11 de maio de 2022 | ||
PSCyL | Francisco Díaz Muñoz | 11 de maio de 2022 |
Sistema electoral
editar- Véxase tamén: Eleccións ás Cortes de Castela e León.
A circunscrición para as eleccións ás Cortes, que xa ven establecida no Estatuto de Autonomía (artigo 21.2)[11] e refrendada na Lei Electoral é a provincia. A saber: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora. O número de escanos de cada circunscrición non é fixo.[12] Emprégase para a asignación de escanos o método D'Hondt.[12]
«A circunscrición electoral é a provincia, asignándose a cada unha un número mínimo de tres Procuradores e un máis por cada 45.000 habitantes ou fracción superior a 22.500.»Estatuto de Autonomía de Castela e León. Art. 21.2
Eleccións | Ávila | Burgos | León | Palencia | Salamanca | Segovia | Soria | Valladolid | Zamora | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1983 | 7 | 11 | 15 | 7 | 11 | 6 | 5 | 14 | 8 | 84 |
1987 | 7 | 11 | 15 | 7 | 11 | 6 | 5 | 14 | 8 | 84 |
1991 | 7 | 11 | 15 | 7 | 11 | 6 | 5 | 14 | 8 | 84 |
1995 | 7 | 11 | 15 | 7 | 11 | 6 | 5 | 14 | 8 | 84 |
1999 | 7 | 11 | 14 | 7 | 11 | 6 | 5 | 14 | 8 | 83 |
2003 | 7 | 11 | 14 | 7 | 11 | 6 | 5 | 14 | 7 | 82 |
2007 | 7 | 11 | 14 | 7 | 11 | 6 | 5 | 15 | 7 | 83 |
2011 | 7 | 11 | 14 | 7 | 11 | 7 | 5 | 15 | 7 | 84 |
2015 | 7 | 11 | 14 | 7 | 11 | 7 | 5 | 15 | 7 | 84 |
2019 | 7 | 11 | 13 | 7 | 10 | 6 | 5 | 15 | 7 | 81 |
2022 | 7 | 11 | 13 | 7 | 10 | 6 | 5 | 15 | 7 | 81 |
Sede
editarAta a VI lexislatura (2003-2007), tiveron a súa sede provisional no Castelo de Fuensaldaña, en Fuensaldaña, nas inmediacións de Valladolid. Co arranque da VII lexislatura entra en funcionamento a nova e definitiva sede das Cortes na cidade de Valladolid, obra do arquitecto granadino Ramón Fernández Alonso e executada polos arquitectos valisoletanos Leopoldo Cortejoso García e Juan Antonio Coronado Sierra e situada no complexo Villa del Prado. O 4 de maio de 2016 o pleno reuniuse na Basílica de Santo Isidoro en León,[13] homenaxeando así as Cortes de León de 1188.
Notas
editar- ↑ "Ley 3/1987, de 30 de marzo, Electoral de Castilla y León" (PDF). Boletín Oficial del Estado.
- ↑ "Las Cortes de Castilla y León mantendrán 84 procuradores la próxima legislatura". La Gaceta de Salamanca.
- ↑ "Las Cortes de Castilla y León retrocederán a 81 procuradores, la menor representación de todas las legislaturas". eldiario.es (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2020.
- ↑ "Resolución de 7 de marzo de 2022, de la Junta Electoral de Castilla y León, por la que se publica el resumen de los resultados de las elecciones a las Cortes de Castilla y León convocadas por Decreto 2/2021, de 21 de diciembre, y celebradas el 13 de febrero de 2022, conforme a las actas de escrutinio general y de proclamación de electos remitidas por las Juntas Electorales Provinciales." (PDF) (en castellano). 2022. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Grupos Parlamentarios".
- ↑ "Diputación Permanente".
- ↑ La Mesa de las Cortes. Consultado o 10 de marzo de 2022.[1]
- ↑ Cortes de Castilla y León (ed.). "Junta de Portavoces". Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ "Estatuto de Autonomía de Castilla y León" (PDF). BOE. Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ "Maroto es designado finalmente senador del PP por Castilla y León gracias a los votos de Ciudadanos". elEconomista. Consultado o 10 de outubro de 2021.
- ↑ Oliver Araujo 2011, p. 188.
- ↑ 12,0 12,1 Sánchez Muñoz 2004, p. 492.
- ↑ "Sesión plenaria en León". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2016. Consultado o 1 de abril de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cortes de Castela e León |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cortes de Castela e León Arquivado 12 de decembro de 1998 en Wayback Machine. (en castelán)