Federación Mundial de Sociedades Galegas

institución para reunir as agrupacións asistenciais e culturais da diáspora galega

A Federación Mundial de Sociedades Galegas foi unha institución creada para reunir as múltiples agrupacións asistenciais e culturais do conxunto da diáspora galega, como consecuencia do crecemento destas sociedades. Aprobouse a súa creación no Congreso Rexional da Emigración Galega en Santiago de Compostela o ano 1965, e foi finalmente creada no Congreso da Emigración Galega en Ourense en 1968, aínda que estabeleceu a súa sede na cidade da Coruña. Toma como idiomas oficiais o galego e o español. Esta Federación organizou os Congresos da emigración galega a partir do ano 1971, así como as Asambleas da Federación Mundial de Sociedades Gallegas a partir de 1974

Federación Mundial de Sociedades Galegas
Tipoorganización
Data de fundación1968
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Orientación política editar

A Federación Mundial de Sociedades Gallegas tiña un carácter asistencial, cultural e benéfico-social, polo que se caracterizará por unha relativa neutralidade ideolóxica con respecto ao réxime estabelecido. De feito, na súa acta de fundación, Blanco-Amor especifica que tendo en conta o beneficio xeral para toda a comunidade de sociedades galegas, débense evitar as indicacións partidistas de calquera tipo, pois dentro da Federación agora constituída interesa un tratamento de conxunto en relación ao problema migratorio.

Porén, o peso da representación americana na Federación e a maior combatividade dos representantes europeos, foi estímulo para introducir un elemento de discrepancia entre os emigrantes americanos, considerados agora como conservadores, fronte ós emigrantes europeos, moito máis preocupados polos aspectos sociais da emigración.

Obxectivos editar

A Federación Mundial de Sociedades Galegas tiña como obxectivo principal apoiar aos galegos que se encontraban fora de Galiza por motivo da emigración, e entre as accións necesarias para levar a cabo este fin, destácanse na súa Acta de Constitución:

Estudo dos problemas de tipo xeral que se lles poidan presentar a todas as sociedades, centros e entidades, de calquera clase, que agrupan a galegos fora de Galicia; elaboración de plans encamiñados á solución dos problemas dos emigrantes galegos; promoción e fomento das relacións cordiais de todas as sociedades, centros e entidades galegas; promoción da creación de novas sociedades, centros o entidades galegas nas localidades que se consideren de interese polo número de galegos alí residentes; convocatoria de Congresos para o estudo que poida supor a emigración galega; organización de seminarios técnicos aplicados á consideración, análise e solucións posibles dos distintos aspectos que poresenta o problema da emigración, así como de toda outra forma de actividade orientada ao fin común; organización e promoción de grupos folclóricos, masas corales, grupos teatrales, visitas de conferenciantes, exposicións de arte dos propios emigrados; organización de cursos de formación ou orientación dirixidos a posibles emigrantes ou aos xa emigrados

Alén de todo isto, a Federación tiña como obxectivo achegar información ás entidades galegas sobre: evolución industrial, comercial, postos de traballo e outros aspectos de Galicia, en relación cos fins asistenciales, culturales ou benéfico-sociales propios da Federación; particularidades da lexislación (contratos de traballo, bolsas, intercambios culturais...); beneficios aos que os emigrantes se poidan acoller.

Reivindicacións editar

A Federación Mundial de Sociedades Galegas tiña como obxectivo principal apoiar aos galegos que se encontraban fóra de Galiza por motivo da emigración. Deste modo, solicitou ser recoñecida polos organismos autónomos galegos como a representación das comunidades galegas fora de Galiza así como unha regulación legal específica. Reclamaba tamén unha representación de funcionarios galegos no exterior.

Dado que a emigración é, por definición, un problema económico, a Federación solicitaba tamén a creación dun Banco de Emigrantes. Pediu así axuda financeira ao goberno español e á Xunta de Galiza, e reclamou o achegamento de material didáctico e bibliográfico aos centros galegos.

Publicacións editar

A Federación Mundial de Sociedades Galegas publicaba periodicamente o seu boletín, que estaba principalmente formado por artigos referentes á emigración galega (entrevistas, opinións, novas...) que enviaban os propios membros da Federación. O primeiro boletín foi publicado no ano 1979 e foi adicado a Eduardo Blanco Amor debido á morte do autor en decembro dese mesmo ano. Alén diso, a Federación publicaba tamén as Conclusións sacadas das Asembleas na revista A Ultramar.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A Ultramar: boletín informativo de la Oficina de Relaciones con los Gallegos en el Exterior. III época. (1961)
  • Federación Mundial de Sociedades Galegas [Publicaciones periódicas] : boletín informativo. (1979) [A Coruña : F.M.S.G.], 1979- (A Coruña : Imp. Moret)
  • Conclusións adoptadas pola Terceira Asemblea Plenaria celebrada no Pazo de Mariñán (A Cruña) os días 19 e 20 de agosto do 1978 / Federación Mundial de Sociedades Galegas. (1978)
  • Reglamento : [acta de constitución] / Federación Mundial de Sociedades Gallegas. Secretaría General. (1969)