Fausto Isorna

ilustrador e deseñador gráfico galego

Fausto Castiñeira Isorna, nado en Catoira en 1961, é un ilustrador e deseñador gráfico galego amais de coeditor en El Patito Editorial.

Fausto Isorna
Nacemento1961
 Catoira
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa actividade na banda deseñada a comezos da década de 1980 en publicacións como Aula Aberta, Tintimán, El Correo Gallego ou Atlántico Diario. Creou o fanzine Valium dez e a revista Das Capital. Dirixiu a revista Golfiño.

Como debuxante realizou os álbums Os viaxeiros do tempo e a serie Un misterio para Simón, protagonizada pola aventureira detective Simón Martel.

Realizou ilustracións e capas para libros da colección Medusa da editorial Sotelo Blanco e a colección Costa Oeste de Editorial Galaxia. Tamén colaborou no mundo do teatro coa compañía Chévere, e na fundación da Sala Nasa de Santiago de Compostela.

En 1996 foille concedido o Premio Ourense de Banda Deseñada da Casa da Xuventude de Ourense pola súa traxectoria.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar