Abrir o menú principal
Sepulcro do infante Afonso de Castela en Burgos.

A farsa de Ávila foi unha cerimonia que tivo lugar nos arredores de Ávila o 5 de xuño de 1465, cando un grupo de grandes nobres casteláns depuxo en efixie o rei Henrique IV de Castela e proclamou rei no seu lugar o seu medio-irmán o infante Afonso, máis coñecido como "Afonso o Inocente". O nome de farsa foi dado polos detractores á proclamación, e con ese nome pasou á historia.

AntecedentesEditar

Durante o reinado de Henrique IV os diversos bandos nobiliarios loitaron entre eles e contra o rei para acaparar parcelas de poder. O poderoso marqués de Villena estaba descontento co trato de favor de Enrique aos seus rivais os Mendoza e o valido Beltrán de la Cueva. O marqués formou unha alianza contra o rei xunto cos arcebispos de Toledo, Sevilla e Santiago, a familia Enríquez, os condes de Plasencia e de Alba e outros nobres e eclesiásticos menores.[1]

O 11 de decembro de 1464 a liga en contra do rei Henrique deu un ultimato: si o rei non rectificaba no seu comportamento e desfacíase do seu goberno, destituiríano.[2] Henrique tratou de negociar pero non houbo acordo e o rei foi deposto, primeiro en Plasencia o 27 de abril de 1465 e a continuación en Ávila o 5 de xuño.[3]

Desenvolvemento da cerimoniaEditar

 
Murallas medievais de Ávila.

Sobre un gran taboado visible desde gran distancia, os conxurados colocaron unha estatua de madeira que representaba ao rei vestido de loito e ataviado coa coroa, o bastón e a espada reais. Na cerimonia estaban presentes Alfonso Carrillo arcebispo de Toledo, o marqués de Villena, o conde de Plasencia, o conde de Benavente e outros cabaleiros de menos status, ademais dun público composto por persoas do pobo chan. Tamén se atopaba alí o infante Afonso, que por entón aínda non chegaba aos 13 anos de idade.[3]

Celebrouse unha misa e, unha vez terminada, os rebeldes subiron ao taboado e leron unha declaración con todos os agravios dos que acusaban a Enrique IV. Segundo eles, o rei mostraba simpatía polos musulmáns, era homosexual, tiña un carácter pacífico e, a acusación máis grave, non era o verdadeiro pai da princesa Xoana, á que xa que logo negaban o dereito a herdar o trono.[3]

Tralo discurso, o arcebispo de Toledo quitoulle á efixie a coroa, símbolo da dignidade real. Daquela o conde de Plasencia quitoulle a espada, símbolo da administración de xustiza, e o conde de Benavente quitoulle o bastón, símbolo do goberno. Para rematar, Diego López de Zúñiga, irmán do conde de Plasencia, derribou a estatua gritando Á terra, puto!.[3]

Seguidamente subiron ao infante Afonso ao taboado, proclamárono rei ao grito de Castela, polo rei don Afonso! e procederon á cerimonia do beixamáns.[3]

ConsecuenciasEditar

O novo rei Afonso XII foi considerado unha marioneta en mans do marqués de Villena e non foi aceptado por unha gran parte do país, que se mantivo leal a Henrique IV. A situación dexenerou en disturbios que duraron ata a morte de Afonso en 1468 e o sometemento da súa irmá Isabel á autoridade de Henrique IV,[3] pero de feito chegou a gobernar como Afonso XII durante o trienio que durou a súa vida e mantivo, como descubriu o investigador Óscar Perea, unha Corte cunha activa vida cultural na cal figuraban cabaleiros tan importantes como Diego Gómez Manrique e o seu sobriño Jorge, o xurista Nicolás de Guevara e o poeta cancioneril Juan Álvarez Gato ou o historiador Diego de Valera, maestresala do rei en 1467, separadamente do propio Marqués de Villena; tamén Rodrigo Alfonso Pimentel, Conde de Benavente, e Pedro de Villandrando, Conde de Ribadeo, e Diego de Ribeira, ayo do príncipe Afonso e cabaleiresco maior da súa corte, ou Sancho de Vermellas, señor de Cavia e Monzón e alcalde maior dos fidalgos de Castela; Martín de Távara; o prior de Osma, xurista e capelán real de don Afonso XII Francisco Gómez de Miranda e outros. Por certo que na súa capela figuraban cantores tan destacados como Diego Rangel. Don Diego Gómez Manrique organizou festexos e compuxo momos teatrais para celebrar o aniversario real nos que as damas da Corte facían o papel de fadas.[4] Da brillantez desta corte fíxose lingua o propio Jorge Manrique nas súas Coplas a la muerte de su padre:

Pues su hermano el Inocente,
que en su vida subcesor
se llamó,
¡qué corte tan excelente
tuvo y quánto gran señor
que le siguió!

Máis adiante, o marqués de Villena, os seus parentes e parte dos seus aliados romperon con Isabel e, ao morrer Henrique en 1474, apoiaron á princesa Xoana como herdeira ao trono, aínda que non poucos dos integrantes da Corte de Afonso XII pasáronse ao bando isabelino e prosperaron nel. Estalou así a Guerra de Sucesión Castelá, que se prolongaría ata 1479.

NotasEditar

  1. OHARA, cap.VI, p.172
  2. OHARA, cap.VI, p.195
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 SORIA
  4. Cf. Óscar Perea Rodríguez, "La Corte literaria de Alfonso el Inocente (1465-1468) según las Coplas a una partida de Guevara, poeta del Cancionero General", en Medievalismo. Revista de la Sociedad Espanola de Estudios Medievales núm 11 (2001), pp. 33-54

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar