Faro de cabo Touriñán

Coordenadas: 43°03′12″N 09°17′54″O / 43.05333, -9.29833

Cabo Touriñán1.JPG
Datos xerais
Localización xeográfica Cabo Touriñán
Localización municipal Muxía, Provincia da Coruña
Construción 1898 - 1981
Datos técnicos
Código internacional D-1740
Descrición Cilíndrico de formigón
Altura sobre o nivel do mar 65 metros
Altura sobre o terreo 11 metros
Características GpD (2+1) B 15 seg.
Período 0,2 + 2,2 + 0,2 + 6,1 + 0,2 + 6,1 = 15 seg.
Alcance 24 millas náuticas (44´45 km.)

O faro de cabo Touriñán atópase na localidade de Muxía en plena Costa da Morte e foi construído no ano 1898.

HistoriaEditar

O primeiro faro inagurouse en 1898. É unha pequena torre con lanterna e galería centrada no teito dunha casa de garda cadrada dun piso. É o punto máis occidental de España, a uns 2´1 km ao oeste de Cabo Fisterra.

Foi substituído en 1981 por un segundo faro. É unha torre branca de formigón cilíndrico de 14 m de altura, con lanterna e dobre galería, construída fronte ao antigo faro. Forma parte dunha serie de modernos faros de deseño estandarizado desde 1970.

DescriciónEditar

Está formado por unha torre cilíndrica branca duns 14 metros de altura e a súa luz é branca. Ten un alcance de 24 millas.

En Touriñán hai dous faros, o antigo de 1898 e o novo de 1981. O antigo é unha casiña cadrada pintada de branco de cuxo tellado sobresae a torre. En 1981 comezou a funcionar o novo faro, un cilindro de formigón de tres metros de diámetro e once de altura.

 
Sinal informativo sobre o faro.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar