Fads and Fallacies in the Name of Science

Fads and Fallacies in the Name of Science (Modas e falacias en nome da ciencia) é un libro de 1957 de Martin Gardner, publicado orixinalmente en 1952 co título In the Name of Science: An Entertaining Survey of the High Priests and Cultists of Science, Past and Present[1].[2][3] O libro é un exame do que nel se describe como pseudociencias e crenzas de culto, e converteuse nun documento fundacional do nacente movemento do escepticismo científico. Michael Shermer dixo del: "o escepticismo moderno desenvolveuse nun movemento baeado na ciencia, empezando polo clásico de 1952 de Martin Gardner".[4]

O libro refuta o que nel se caracteriza como pseudosciencia e os pseudocientíficos que a propagan.

Contidos

editar

Sinopse

editar

Fads and Fallacies in the Name of Science empeza facendo un breve exame do espallmento das ideas de "excéntricos" (cranks) e "pseudocientíficos", atacando a credulidade da prensa popular e a irresponsabilidade das casas editoriais por axudaren a propagar estas ideas. Os excéntricos adoitan citar casos históricos nos que ideas que foron rexeitadas so agora aceptadas como correctas. Gardner recoñece que tales casos ocorreron, e describe algúns deles, pero di que os tempos cambiaron: "en todo caso, os xornais científicos erran pola parte de permitir que se publiquen teses cuestionables". Gardner recoñece que "ente os científicos máis vellos ... un pode ocasionalmente atoparse con prexuízos irracionais contra un novo punto de vista", mais engade que "un certo grao de dogma ... é tan necesario coma desexable" porque doutro xeito "a ciencia sería reducida a un caos ao termos que examinar cada nova noción de última moda que apareza."

Gardner di que os excéntricos teñen dúas características en común. A primeira "e máis importante" é que trballan nun illamento case total da comunidade científica. Gardner define a comunidade como unha rede eficiente de comunicación dentro dos campos da ciencia, xunto co proceso cooperativo de comprobar novas teoías. Este proceso permite se acaben publicando teorías aparentemente raras, como a teoría da relatividade de Einstein, que inicialmente encontrou unha oposiciónn considerable; nunca foi desbotda como o traballo dun chalado, e axiña suscitou unha aceptación case universal.[5] Pero o excéntrico "mantéñense completamente fóra das canles intimamente integradas a través das cales as novas ideas son introducidas e avaliadas. Non envían os seus descubrimentos aos xornais e revistas recoñecidos ou, se o fan, son rexeitados por razóns que na gran maioría dos casos son excelentes."

A segunda característica do excéntrico (que tamén contribúe ao seu illamento) é a tendencia á paranoia. Hai cinco maneiras polas cales é probable que esta tendencia se manifeste, que son:

  1. O pseudocientífico considérase a si mesmo un xenio.
  2. Considera que os outros investigadores son estúpidos, deshonestos ou ambas as cousas.
  3. Cre que hai unha campaña contra as súas ideas, unha campaña comparable á persecución de Galileo ou Pasteur. Pode atribuír a súa "persecución" a unha conspiracións pola "masonería" cinetífica, que non está disposta a admitir a ninguén ao seu sancta sanctorum sen unha apropiada iniciación.
  4. En lugar de esquivar a corrente científica principal, os pseudocientíficos atácana directamente: o científico máis reverenciado é Einstein, así que Gardner escribe que Einstein é a figura do establishment que máis probablemente será atacada.
  5. Ten unha tendemcia a usar unha xiria complexa, a miúdo creando palabras e frases. Gardner compara isto co xeito en que falan os esquizofrénicos usando o que os psiquiatras chaman "neolxismos", "palabras que teñen un significado para o paciente, pero que soan como un Jabberwocky [inintelixibles][6] a calquera outra persoa."[7]

Estas características psicolóxicas demóstranse en diversos graos ao longo dos restantes capítulos do libro, nos cales Gardner examina "modas" concretas que el etiqueta como pseudocientíficas. Os seus escritos convertéronse no libro fonte do cal se tomaron moitos estudos posteriores da pseudociencia (por exemplo, a Encyclopedia of Pseudo-science).

Capítulos

editar
  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Shermer
  2. Gardner (1957)
  3. Dover -o editor da segunda edición do libro- publicar unha colección de crebacabezas matemáticos un ano antes, e Gardner xa escribira moitos artigos durante a década de 1950.
  4. Shermer, Michael (2002). Why People Believe Weird Things: Pseudoscience, Superstition, and Other Confusions of Our Time. Nova York: Henry Holt. p. 16. ISBN 0-8050-7089-3. 
  5. Gardner (1957) pp. 8–9
  6. Jabberwocky é un poema inintelixible que está incluído no libro Alicia do outro lado do espello. Rundus, Raymond J. (outubro de 1967). ""O Frabjous Day!": Introducing Poetry". The English Journal (National Council of Teachers of English) 56 (7): 958–963. JSTOR 812632. doi:10.2307/812632. 
  7. Gardner (1957) pp 13-14

Bibliografía

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar