Factor de crecemento de queratinocitos

(Redirección desde «FGF7»)
PDB 1qqk
Factor de crecemento de queratinocitos
Identificadores
Símbolo FGF7
Símbolos alt. HBGF-7, KGF, fibroblast growth factor 7
Entrez 2252
RefSeq NP_002000
UniProt P21781
Outros datos
Locus Cr. 15 15q21.2:(49.42 – 49.49 Mb)

O factor de crecemento de queratinocitos ou KGF (do inglés keratinocyte growth factor), tamén coñecido como FGF7, é un factor de crecemento presente na fase de epitelización da curación de feridas. Nesta fase, os queratinocitos cobren a ferida, formando o epitelio. Está codificado no xene FGF7 do cromosoma 15 humano.[1][2][3]

O KGF é unha pequena molécula de sinalización que se une ao receptor do factor de crecemento de fibroblastos 2b (FGFR2b).[4] Para que ocorra a sinalización, requírese a formación dun dímero entre dous complexos FGF:FGFR que están ligados por unha molécula de heparina.

O KGF pertence á familia do FGF. Coñécense 23 FGF, e 4 receptores de FGF. A unión de FGF:FGFR é complexa e está regulada por diversos mecanismos de maneira específica de tecidos.

O FGF10 tamén se coñece como "factor de crecemento de queratinocitos 2".[5]

Función editar

A proteína codificada polo xene FGF7 é un membro da familia do factor de crecemento de fibroblastos (FGF). Os membros da familia de FGF posúen amplas actividades mitoxénicas e de supervivencia celular e están implicados en diversos procesos biolóxicos, como o desenvolvemento embrionario, crecemento celular, morfoxénese, reparación de tecidos, crecemento e invasión de tumores. Esta proteína é un factor de crecemento específico de células epiteliais potente, cuxa actividade mitoxénica é exhibida predominantemente en queratinocitos pero non en fibroblastos e céllas endoteliais. Estudos feitos en ratos e ratas homólogas deste xene atoparon funcións na morfoxénese de epitelio, reepitelialización de feridas, desenvolvemento do pelo e organoxénese temperán dos pulmóns.[3]

Interaccións editar

O FGF7 presenta interaccións co perlecán.[6]

Notas editar

  1. Mattei MG, deLapeyrière O, Bresnick J, Dickson C, Birnbaum D, Mason I (Mar 1995). "Mouse Fgf7 (fibroblast growth factor 7) and Fgf8 (fibroblast growth factor 8) genes map to chromosomes 2 and 19 respectively". Mammalian Genome 6 (3): 196–7. PMID 7749227. doi:10.1007/BF00293012. 
  2. Kelley MJ, Pech M, Seuanez HN, Rubin JS, O'Brien SJ, Aaronson SA (Oct 1992). "Emergence of the keratinocyte growth factor multigene family during the great ape radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 89 (19): 9287–91. PMC 50111. PMID 1409637. doi:10.1073/pnas.89.19.9287. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: FGF7 fibroblast growth factor 7 (keratinocyte growth factor)". 
  4. Rotolo S, Ceccarelli S, Romano F, Frati L, Marchese C, Angeloni A (2008). Maas S, ed. "Silencing of Keratinocyte Growth Factor Receptor Restores 5-Fluorouracil and Tamoxifen Efficacy on Responsive Cancer Cells". PLoS ONE 3 (6): e2528. PMC 2424182. PMID 18575591. doi:10.1371/journal.pone.0002528. 
  5. "iHOP - Information Hyperlinked over Proteins [ FGF10 ]". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. 
  6. Mongiat M, Taylor K, Otto J, Aho S, Uitto J, Whitelock JM, Iozzo RV (Mar 2000). "The protein core of the proteoglycan perlecan binds specifically to fibroblast growth factor-7". The Journal of Biological Chemistry 275 (10): 7095–100. PMID 10702276. doi:10.1074/jbc.275.10.7095. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar