North American F-86 Sabre
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O North American F-86 Sabre foi un avión de combate transónico desenvolvido pola USAF a finais da década de 1940, xusto despois do remate da segunda guerra mundial, e foi un dos cazas de maior produción en occidente, sendo usado en forzas aéreas de máis de 30 países. É sobre todo famoso polo seu enfrontamento co MiG-15 soviético durante a guerra de Corea.
F-86 Sabre | |
---|---|
North American F-86 | |
Tipo | Caza |
Fabricante | North American |
Primeiro voo | 1 de outubro de 1947 |
Introducido | 1949, USAF |
Retirado | 1994, Bolivia |
Unidades construídas | 9.860 |
A pesar de desenvolverse a finais dos anos 40 e de quedar obsoleto unha década máis tarde, o Sabre demostrou ser capaz de adaptarse e continuou servindo como caza de primeira liña en moitas forzas aéreas. Os últimos exemplares retiráronse coa forza aérea de Bolivia en 1994.
O seu éxito permitiu que se construísen máis de 7.800 exemplares entre 1949 e 1956 nos Estados Unidos, Xapón e Italia. Foi de lonxe o caza occidental máis fabricado, cunha produción total de 9860 de todas as súas variantes.
Fabricáronse variantes do Sabre no Canadá e en Australia. Do Canadair Sabre, a variante canadense, construíronse 1.815 unidades; e do redeseñado CAC Sabre australiano (tamén coñecido coma Avon Sabre ou CAC CA-27) producíronse 112 exemplares.
Deseño
editarO F-86 foi producido tanto como un caza-interceptador como un caza-bombardeiro. Varias versións foron introducidas durante a súa vida operacional, con melloras e distintos tipos de armamento. O XP-86 foi equipado cun motor General Electric J35-C-3 que producía 18 kN de pulo. Este motor estivo fabricado pola división Chevrolet de GM ata que a produción foi entregada a Allison. O General Electric J47-GE-7 foi usado no F-86A-1 cun pulo de 23 kN, mentres que o General Electric J73-GE-3 do F-86H xeraba un pulo de 41 kN. A versión caza-bombardeiro (F-86H) podía levar 907 kg de bombas, incluído un tanque externo usado para cargar napalm. Foguetes non guiados de 70 mm foron usados nalgúns dos cazas en misións de adestramento, pero os foguetes de 127 mm cargáronse posteriormente en operacións de combate. O F-86 podía tamén equipar un par de tanques de combustible exectables (catro no F-86F a partir de 1953) que aumentaban o alcance do avión. Tanto a versión de interceptación como o cazabombardeiro levaban seis metralladoras M3 Browning de 12,7 mm alimentadas electricamente no morro (versións posteriores do F-86H estaban equipadas con catro canóns de 20 mm na vez das metralladoras). Disparando a unha velocidade de 1.200 proxectís por minuto, as metralladoras foron harmonizadas para converxer a 300 metros en fronte do avión, usando balas perforantes (AP) e perforantes incendiarias (API), cunha trazadora perforante incendiaria (APIT) cada cinco proxectís AP ou API. Os API usados durante a Guerra de Corea contiñan magnesio, deseñado para acenderse no momento do impacto pero que ardían pobremente sobre os 11.000 m xa que os niveis de osíxeno eran insuficientes para manter a combustión a esa altura. Inicialmente equipado co punto de mira manual computerizado Mark 18, modelos posteriores usaron o A-1CM que usaba radar para calcular a distancia ao obxectivo. Posteriormente demostraría ser unha vantaxe significativa fronte aos MiGs en Corea.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: North American F-86 Sabre |
Ligazóns externas
editar- F-86 Sabre Pilots Association
- Globalsecurity.org profile of the F-86 Sabre (en inglés).
- Warbird Alley: F-86 Sabre page – Information about F-86s still flying today (en inglés).
- Sabre site (en inglés).
- Virtual view of F-86F (52-4959) NX86FR operated by the Valiant Air Command in Titusville, FL (en inglés).