O Canadair Sabre foi un caza a reacción fabricado por Canadair baixo licenza da compañía californiana North American Aviation, principalmente para ser usado pola Real Forza Aérea do Canadá (RCAF). Trátase dunha versión do North American F-86 Sabre e foi producido ata 1958 e utilizado pola RCAF ata ser substituído polo Canadair CF-104 en 1962. Varias forzas aéreas adoptarían o avión.

Canadair Sabre
Tipocaza
FabricanteCanadair
Primeiro voo9 de agosto de 1950
Introducido1950
Retirado1980 (Paquistán)
Produción1950 - 1958
Unidades construídas1.815

Houbo dous series de produción principais do avión. A primeira, composta polos Mk. 2 e Mk. 4, das que se fabricaron algo menos de 1 000 unidades, era moi semellante ao seu homólogo estadounidense, diferenciándose só en pequenos detalles. A segunda serie, os Mk. 5' e Mk. 6' fabricados en números semellantes, modeláronse a partir das últimas versións estadounidenses con ás máis grandes para unha mellor manobrabilidade e un motor Avro Canada Orenda.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.