AIM-9 Sidewinder
O AIM-9 Sidewinder é un mísil aire-aire de curto alcance termoguiado que equipa a cazas e recentemente tamén a helicópteros de ataque. O Sidewinder foi realmente o primeiro mísil aire-aire eficaz e foi posteriormente imitado e copiado. Entrou en servizo coa Armada dos Estados Unidos de América a mediados dos anos 50 e grazas ás súas versións e melloras permanece activo en moitas forzas aéreas do mundo despois de cinco décadas.
O seu nome provén da serpe Sidewinder (Crotalus cerastes), que detecta á súa presa mediante a súa calor corporal, como fai o mísil. As primeiras versións do Sidewinder tendían a realizar correccións facendo zig-zag durante os primeiros metros do percorrido, seguindo unha traxectoria semellante ao movemento da serpe.
O Sidewinder é o mísil máis usado en occidente, con máis de 110 000 unidades producidas para os Estados Unidos e outras 27 nacións, dos cales o 1% foron usados en combate. Foi tamén fabricado baixo licenza por outros países como Suecia. O AIM-9 é un dos mísiles aire-aire máis antigos, menos caros e máis exitosos, cuns 270 derribos ata a data.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AIM-9 Sidewinder |