Fíbula de Lancia

A Fíbula de Lancia é unha fíbula -un imperdible de bronce utilizado para xuntar a vestimenta-, realizado por pobos celtiberos na segunda Idade de Ferro, entre os séculos III e II a. C. Forma parte das chamadas "fíbulas de cabalo" de raizame celta. Atopouse na antiga cidade celtibérica de Lancia, no termo municipal de Villasabariego, pertencente á provincia de León.[1]

Fíbula de Lancia

Tipo Fíbula / Fíbula celta
Data Século -III - século -II
Cultura Celtiberos / Ástures / Celtas
Características
Lonxitude 9,2 cm
Anchura 0,8 cm
Altura 7,4 cm
Materiais Bronce
Descuberta
Localización Lancia (cidade), provincia de León, Castela e León Castela e León
Conservación
Localización Museo Arqueolóxico Nacional de España

Simboloxía

editar

A fíbula representa un guerreiro montando a cabalo coa cabeza de seu inimigo baixo o fociño da súa montura, segundo o costume que os celtas[Cómpre referencia] tiñan de amosar as cabezas dos seus inimigos vencidos, tal como din autores grecolatinos como Diodoro, Estrabón ou Silio Itálico.

A súa decoración, a base de círculos concéntricos e punteados deben facer referencia a un deus ou mito solar, xa que a peza está vinculada con outras fíbulas de cabalos con idéntica decoración (estandarte ou báculo de Numancia, Fíbulas celtas de cabalo en Panonia, Galoromanas etc)

Características

editar
  • Forma: zoomorfa.
  • Material: bronce.
  • Estilo: segunda idade de ferro, Celtibérico.[2]
  • Técnica: Fundición.
  • Altura: 7,4 centímetros.
  • Lonxitude: 9,2 centímetros.
  • Grosor: 0,8 centímetros.

Conservación

editar

A peza exponse de forma permanente no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, co número de inventario 22925.[2]

  1. "Web do Concello de Villasabariego". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Web do Museo Arqueolóxico Nacional (Consultada o 30-04-2011)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar