Eugene Znosko-Borovsky

mestre de xadrez e crítico literario ruso

Eugene Alexandrovich Znosko-Borovsky, nado en San Petersburgo o 16 de agosto de 1884 e finado o 31 de decembro de 1954, foi un mestre de xadrez ruso, escritor, profesor e crítico literario.

Eugene Znosko-Borovsky
Eugene Znosko-Borovsky.jpg
Nacemento16 de agosto de 1884
Lugar de nacementoPavlovsk
Falecemento31 de decembro de 1954 e 30 de decembro de 1954
Lugar de falecementoParís e Briis-sous-Forges
SoterradoCemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois
NacionalidadeFrancia
Alma máterImperial Alexander Lyceum
Ocupaciónescritor e xadrecista
Na rede
Find a Grave: 75887696 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aprendeu a xogar xadrez de mozo, gañando premios en torneos locais e rexionais mentres progresaba nunha educación de primeira clase no prestixioso Liceo do Emperador Alexandre I.

Fixo o seu debut internacional no torneo de xadrez de Oostende en 1906, onde gañou o premio á brillantez polo seu xogo contra Amos Burns. A carreira xadrecística de Znosko-Borovsky foi interrompida con frecuencia por outros acontecementos na súa vida. Ferido e recoñecido militarmente en conflitos bélicos, serviu primeiro como voluntario nas batallas ruso-xaponesas de 1904 e 1905 e foi chamado outra vez ao servizo durante a Gran Guerra. Logo da evacuación, unha nave británica levouno a Constantinopla e de alí trasladouse a París, que seguiu sendo o seu fogar desde 1920 en adiante.

Conseguiu algúns resultados notables en competicións internacionais, incluíndo París 1930, onde terminou primeiro sen perder, diante de Savielly Tartakower, de Andor Lilienthal e de Jacques Mieses. O éxito veu a miúdo en encontros individuais cos seus pares máis distinguidos: gañou xogos impresionantes contra José Raúl Capablanca, Akiba Rubinstein, Max Euwe e Efim Bogoljubov, así como un match curto con Edgard Colle en 1922. Tamén era experto en xogo simultáneo de exposición.

Como conferenciante, profesor, ou escritor sobre xadrez, as súas capacidades foron recoñecidas universalmente, particularmente en Rusia e Francia, onde tamén contribuíu regularmente sobre o tema xadrecístico en artigos e columnas de xornais. De feito, foi no campo da escritura onde sobresaíu, escribindo moitos libros populares como:

  • Пути развития шахматной игры / Puti razbitiia shakhmatnoi igri: ,1910
  • Muzio-Gambit analyt. Untersuchungen über d. Lean-Angriff [13. Df 3-e2] (O gambito de Muzio 1911)
  • Капабланка : Опыт характеристики/ Kapablanka: opyt kharakteristiki, 1911. (Capablanca)
  • Капабланка и Алехин. Борьба за мировое первенство в шахматы./ Kapablanca i alekhin. Borda za mirovoe pervenstvo v shakhmaty(Capablanca e Alekhin, 1927)

A maioría dos seus últimos traballos foron traducidos ao inglés, como:

  • The Middle Game in Chess
  • How Not to Play Chess
  • How to Play the Chess Openings
  • The Art of Chess Combination

Outra distinción alcanzada por Znosko-Borovsky foi como crítico literario, sendo considerado un experto en teatro ruso.

Algunha vez escribiu:

"Non é un movemento, nin ata o mellor movemento, o que debes buscar, senón un plan realizable"