Eugen Krüger

pintor alemán


Eugen Krüger, nado en Altona o 26 de decembro do 1832 e finado en Düsternbrook o 8 de xullo do 1876, foi un litógrafo e pintor paisaxista alemán.[1]

Infotaula de personaEugen Krüger
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1832 Editar o valor em Wikidata
Altona Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Düsternbrook Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , artista gráfico , litógrafo Editar o valor em Wikidata
Membro de

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Krüger aprendeu litografía en Altona, para logo estudar en Viena co litógrafo F. J. Sandmann, antes de dedicarse ao paisaxismo. Despois, visitou Inglaterra, Escocia, Francia, Italia e Suíza.[2] No 1852 foi alumno do seu tío, Louis Gurlitt, co que fixo unha viaxe de estudos ao ano seguinte.[3] Consérvase un gravado en madeira da igrexa de Dürnstein do 1853, creado durante a súa viaxe con Gurlitt.[4] O litógrafo hamburgués Wilhelm Heuer podería ter sido tamén o seu profesor.[5]

Logo, continuou os seus estudos en Düsseldorf cos seus amigos Adolf Schreyer e Teutwart Schmitson. A finais da década de 1850, instalouse en Hamburgo. Krüger, afeccionado á caza, trabou amizade co burgués Johann Christian Jauch e o fillo deste, Carl Jauch, que o invitaron ás súas cacerías de forma habitual. Desta época, consérvanse pinturas ao óleo e en recortes de papel, así como litografías; a maioría destas obras conteñen escenas de caza.

Carreira artística editar

 
Auf der Entenjagd (Caza de parrulos, 1862)

No 1864, a galería de arte de Hamburgo recibiu unha "paisaxe escocesa" de Krüger, procedente dunha colección privada.[6] A súa serie de litografías de vinte e dúas follas, Die Jagd gezeichnet und lithographiert von Eugen Krüger ("A caza debuxada e litografada por Eugen Krüger", 1860), foi moi aprezada, especialmente pola súa segunda edición de 1866, titulada Wild und Wald ("O salvaxe e a fraga"), que recibiu a medalla de ouro prusiana á arte e a ciencia.[7][8][9][10][11]

No 1870, creou o seu Landschafts-Album vom Kriegsschauplatz ("Álbum de paisaxes do teatro da guerra"). Un ano máis tarde, publicou Der Deutsch-Französische Krieg 1870-1871 ("A guerra franco-prusiana"). No 1873, saíu do prelo Six Charactered Landscapes ("Seis paisaxes con carácter") e, no 1874, o ciclo Malerische Reiseziele ("Destinos turísticos pintorescos"), editado en Berlín.[12]

Falecemento editar

A obra de Krüger é pequena, debido á súa prematura morte no 1876. Ao ano seguinte, celebrouse en Hamburgo unha exposición na súa memoria.

Notas editar

  1. Zeitschrift für die deutsch-österreichischen Gymnasien (en alemán). Hölder. 1873. 
  2. Sotheby's (Firm) (1993). 19th Century European Paintings, Drawings and Sculpture (en inglés). Sotheby's. 
  3. Gurlitt, Louis; Hedinger, Bärbel; Bornemann, Bernd (1997). Louis Gurlitt, 1812-1897: Porträts europäischer Landschaften in Gemälden und Zeichnungen (en alemán). Hirmer. ISBN 978-3-7774-7610-0. 
  4. Wien, Altertumsverein zu (1856). Berichte und Mitteilungen des Altertums-Vereines zu Wien (en alemán). Prandel u. Meyer. 
  5. Heuer, Wilhelm (1996). Anmut des Nordens: Wilhelm Heuer und sein graphisches Werk (en alemán). Wachholtz. ISBN 978-3-529-05114-2. 
  6. Geschichte, Gesellschaft für Schleswig-Holsteinische (1859). Jahrbücher für die landeskunde der herzogthümer Schleswig (en alemán). In Commission der akademischen Buchhandlung. 
  7. Monatschrift für das Forst- und Jagdwesen: 1876 (en alemán). Schweizerbart. 1876. 
  8. Allgemeine Land- und Forstwirthschaftliche Zeitung (en alemán). Gerold. 1858. 
  9. Allgemeine Forst und Jagdzeitung (en alemán). J. D. Sauerländer. 1904. 
  10. Heller, Joseph; Andresen, Andreas (1870). Handbuch für Kupferstichsammler; oder, Lexicon der Kupferstecher: Maler-radirer und Formschneider aller Länder und Schulen nach Massgabe ihrer geschätztesten Blätter und Werke (en alemán). T.O. Weigel. 
  11. Lützow, Karl Friedrich Arnold von; Graul, Richard; Zimmerman, Max George; Thieme, Ulrich; Kirstein, Gustav; Voss, Hermann Georg August; Burchard, Ludwig; Jannasch, Adolf; Bogler, Wilhelm (1871). Zeitschrift für bildende Kunst (en alemán). E.A. Seemann. 
  12. Krüger, Eugen (1873). Six Charactered Landscapes. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar