O estreito de Bass (en inglés: Bass Strait (IPA /bæs/)) é un estreito marítimo que separa Tasmania do sur de Australia, concretamente do estado de Victoria. O europeo que o descubriu foi Matthew Flinders en 1798. Flinders púxolle o nome do doutor da nave, George Bass.

Estreito de Bass
Bass Strait
Localización administrativa
EstadoAustralia Australia
DivisiónEstados de Tasmania e Victoria
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico - Mar de Tasmania (océano Pacífico)
ContinenteAustralia
Illa/sTasmania
Coordenadas40°S 146°L / -40, -146Coordenadas: 40°S 146°L / -40, -146
Xeografía
Illas interioresIlla King, illa Flinders e grupo Furneaux
Características
Lonxitude máxima500 km.
Anchura máxima3500 km.
Profundiade máxima155 m.
Profundidade media60 m.
Mapa

Localización do estreito de Bass

Mapa del estreito de Bass

Ten, aproximadamente, 240 quilómetros de longo no seu punto máis estreito e unha profundidade próxima aos 50 metros. Estivo practicamente seco durante a última era glacial. No estreito atópanse varias illas, entra as cales algunhas como King Island e Flinders Island contan con asentamentos importantes.

Ao igual que o resto das augas que rodean Tasmania, e debido á súa escasa profundidade, o estreito é moi difícil de navegar. Moitos barcos naufragaron nas súas augas durante o século XIX. En 1848, construíuse un faro na illa Deal para guiar os buques na zona oriental do estreito, mais non houbo sinalización na estrada no mesmo polo lado occidental até o ano 1859, cando se completaron as obras dun faro, o Wilsons Promontory Lighthouse. A este último engadiríaselle outro en 1861 en Cape Wickham, no extremo norte da illa King.

As correntes entre o océano Antártico e o mar de Tasmania fan do estreito un lugar de grande ondas. Para ilustrar a intensidades das mareas na zona, hai que ter en consideración que o estreito de Bass é dúas veces máis ancho que o canal da Mancha, o cal tamén duplica a intensidade. Os naufraxios nas costas de Tasmania e Vitoria cóntanse a centos, reducidos coa implantación dos avances tecnolóxicos na navegación, que reduciron os accidentes de xeito significativo. Moito buques, algúns deles de gran tamaño, desapareceron sen deixar sinais ou ben deixando escasas evidencias da súa pasaxe. A pesar dos mitos que falan de piratería ou fenómenos sobrenaturais similares aos do Triángulo das Bermudas, as desaparicións poden atribuírse invariabelmente a combinacións de vento e malas condicións marítimas, así como tamén ás números rochas semisumerxidas e aos arrecifes que abundan no estreito.

Illas editar

Hai máis de 50 illas no estreito de Bass. Entre as máis importantes están:

Na sección occidental:

Na sección sueste:

Na sección nordeste:

Recursos naturais editar

O estreito ten depósitos de gas e petróleo. O depósito oriental, coñecido como a Conca de Gippsland foi descuberta nos anos sesenta do século XX e está localizado a 50 quilómetros da costa de Gippsland. Os hidrocarburos son enviados por acuedutos aos centros de procesamento e refinarías de Longford, Western Port, Altona e Geelong, e por petroleiros a Nova Gales do Sur. As reservas da zona occidental, Conca Otway, foron descubertas nos anos noventa e a súa explotación comezou no 2005.

Infraestrutura editar

Transporte editar

O mellor xeito de atravesalo estreito é polo aire. As principais liñas aéreas para facelo son Qantas, Jetstar Airways e Virgin Blue. Entre os aeroportos máis importantes de Tasmania tópase o Aeroporto Internacional de Horbart e o Aeroporto de Launceston. Os aeroportos menores son servidos por Regional Express, en voos que se dirixen unicamente a Merbourne e ás illas do estreito.

A rota marítima pode facerse mediante os ferris da empresa Spirit of Tasmania, que transporta tanto pasaxeiros como automóbiles e ten base en Devonport, Tasmania. O percorrido vai dende esta cidade até Station Pier, en Melbourne.

Enerxía editar

O Basslink é un cable de corrente continua de alta tensión que se atopa en servizo desde o 2006. Conta cunha capacidade suficiente para transportar até 630 megavatios de potencia eléctrica a través do estreito, e é o cable submarino de potencia eléctrica máis largo do mundo.

Alinta é a dona dun conduto de gas submarino, que abastece de gas natural aos clientes industriais localizados nas proximidades de George Town, así como tamén á rede de gas Powerco en Tasmania.

Comunicacións editar

O primeiro cable submarino que atravesou o Estreito de Bass foi colocado no 1859. Cun dos seus extremos en Cape Otway, Vitoria, atravesaba o estreito tocando as illas King e Three Hummock e chega á illa de Tasmania en Stanley. Dende alí prolóngase até a cidade de George Town. Mais o cable comezou a fallar semanas despois de ser posto, e no 1861 deixou de funcionar.

Tasmania atópase actualmente comunicada co resto de Australia por medio de dous cables de fibra óptica operados pola empresa Telstra. Outros cables submarinos que posúe son:

Período Extremo norte Extremo sur Compañías
(Construtor / Operador)
Detalles
1859-1861 Cape Otway Stanley Head Henley's Telegraph Works
Gob. de Tasmania e Victoria
Sistema 140 nm
1869-? ? ? Henley's Telegraph Works
Gob. de Australia
Sistema 176 nm
1885-? ? ? Telcon
Gob. de Australia
1909-1943 ? ? Siemens Bros
Gob. de Australia
Sistema 285 nm.
Reutilizado no estreito de Torres
1935-? ? ? Siemens Bros
Gob. de Australia
Primeiro cable telefónico
1995- Sandy Point Boat Harbour ASN
Telstra
Primeiro cable de fibra óptica
2003- Inverloch Stanley Head ASN Calais
Telstra
2005- Loy Yang Bell Bay Basslink Primeiro cable de distribución eléctrica

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Broxam e Nash, Tasmanian Shipwrecks, Volumes I e II, Navarine Publishing, Canberra, 1998 e 2000.

Ligazóns externas editar