Estercobilinóxeno

composto químico

O estercobilinóxeno ou urobilinóxeno fecal é un composto químico creado polas bacterias do intestino. É o resultado da degradación da hemoglobina. Unha vez procesado dá lugar ao composto que lle dá ás feces a súa cor marrón, a estercobilina.[1][2]

Estercobilinóxeno
Identificadores
Número CAS 17095-63-5
PubChem 9548718
ChemSpider 7827641
MeSH Stercobilinogen
ChEBI CHEBI:6320
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C33H48N4O6
Masa molar 596,76 g mol−1

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

FormaciónEditar

A bilirrubina é un pigmento que se orixina pola degradación da porción hemo da hemoglobina. O fígado conxuga a bilirrubina, facéndoa hidrosolube; e a forma conxugada é despois excretada na urina como urobilinóxeno. O urobilinóxeno é incoloro e é despois oxidado na urina a urobilina, que lle dá cor amarela á urina.[3] No intestino, a bilirrubina é convertida polas bacterias en urobilinóxeno fecal ou estercobilinóxeno. O estercobilinóxeno é oxidado a estercobilina,[2] que é responsable da pigmentación das feces. O escurecemento das feces unha vez que están un certo tempo ao aire débese á oxidación dos urobilinóxenos fecais residuais a estercobilinas.[4]

"Estercobilinóxeno" é simplemente o nome que se lle dá ao urobilinóxeno que está no tracto gastrointestinal;[5] e, de feito, o seu uso como termo separado está caendo en desuso para evitar confusión.

NotasEditar

  1. Stercobilinogen, drugs.com
  2. 2,0 2,1 Houssay, Bernardo Alberto (1946). "Fisiología humana". El Ateneo. p. 42. Consultado o 7 de maio de 2011. 
  3. Graff, Laurine (1987). "Análisis de orina: atlas color". Google Books. Ed. Médica Panamericana. Consultado o 3 de xuño de 2011.
  4. A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición. Editorial Interamericana. Páxina 1031. ISBN 84-7605-029-1
  5. Higgins, C. (2012). Understanding Laboratory Investigations: A Guide for Nurses, Midwives and Health Professionals. Wiley. p. 181. ISBN 9781118480137. Consultado o 2015-04-13. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • P. T. Lowry, N. R. Ziegler, Ruth Cardinal, and C. J. Watson The conversion of N16-labeled Mesobilirubinogen to Stercobilinogen by fecal bacteria JBC (1954) 208, 543-548
  • Harpers illustrated biochemistry 28th Ed.
  • Harrison’s principles of internal medicine 20th Ed.