Esteban Suárez
político galego
Esteban Suárez Méndez, nado en Santo Estevo (Ponte Castrelo, Castrelo de Miño) en 1983,[1] é un político galego do BNG e alcalde de Castrelo de Miño entre xuño de 2019 e agosto de 2020.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1983 (40/41 anos) Santo Estevo, España |
Alcalde de Castrelo de Miño | |
2019 – 11 de agosto de 2020 (moción de censura) ← Xurxo Rodríguez Méndez – Avelino Pazos Pérez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarNas eleccións municipais de 2019 presentouse polo BNG en substitución do anterior alcalde Xurxo Rodríguez Méndez,[2] sendo a forza máis votada con tres concelleiros. O 15 de xuño converteuse en alcalde do concello como candidato da forza máis votada. O 11 de agosto de 2020 perdeu a alcaldía en favor de Avelino Pazos despois dunha moción de censura que contou cos votos dos 3 concelleiros de PP máis 2 concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE fronte aos 3 dos concelleiros do BNG máis a única concelleira que permaneceu no PSdeG-PSOE.[3]
Predecesor: Xurxo Rodríguez Méndez |
Alcalde de Castrelo de Miño 2019 - 2020 |
Sucesor: Avelino Pazos Pérez |
Notas
editar- ↑ Xosé Manoel Rodríguez (21 de xuño de 2019). "Mellorar e ampliar os servizos sociais será unha prioridade". La Voz de Galicia.
- ↑ RibeiroDixital.com, ed. (29 de marzo de 2019). "Esteban Suárez releva a Xurxo Rodríguez encabezando por el BNG en Castrelo de Miño". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ Ascón, Miguel (11-8-2020). "Avelino Pazos, del PP, nuevo alcalde de Castrelo de Miño tras una moción de censura". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14-8-2020.