Xurxo Rodríguez Méndez

político galego

Xurxo Rodríguez Méndez, nado en Prado de Miño (Castrelo de Miño) o 5 de xuño de 1976, é un político galego do BNG.

Modelo:BiografíaXurxo Rodríguez Méndez

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Castrelo de Miño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Castrelo de Miño
2007 – 2019 – Esteban Suárez Méndez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Castrelo de Miño Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Membro da asociación cultural O Penedo da Forca, de onde xurdiu o BNG de Castrelo de Miño, foi candidato do BNG dende 2007. Nas eleccións municipais de 2007 foi elixido alcalde de Castrelo de Miño co apoio do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde ao obter a maioría absoluta. É Responsable Comarcal do BNG do Ribeiro dende decembro de 2006 e membro do Consello Nacional do BNG. Desde o 24 de setembro de 2011 é membro do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias e o 26 de novembro de 2011 tamén foi nomeado membro do Consello Federal da FEGAMP. O 5 de novembro de 2012 dimitiu como membro da Executiva do BNG [1]. Nas municipais de 2015 volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta á fronte do BNG. Optou por non concorrer á reelección en 2019 e abandonou a alcaldía.


Predecesor:
Xosé Feijoo Villanueva
  
Alcalde de Castrelo de Miño
 
2007 - 2019
Sucesor:
Esteban Suárez Méndez

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar