Estadio Municipal da Malata

estadio de fútbol en Ferrol
(Redirección desde «Estadio da Malata»)

Coordenadas: 43°29′29″N 8°14′21″O / 43.491358, -8.239274

O Estadio Municipal da Malata é un estadio de fútbol que se atopa na cidade de Ferrol, na provincia da Coruña. Atópase na cidade deportiva da Malata, a carón do paseo marítimo da enseada da Malata e do recinto feiral de Punta Arnela.

Estadio Municipal da Malata
Datos
LocalizaciónFerrol, Galicia
Construción
Inauguración29 de agosto de 1993
ArquitectoJuan Pérez López de Gamarra
Francisco Iglesias Miño
Juan Rey-Cabarcos
Vicente Fernández-Couto
Alfredo Alcalá Navarro
CustoOrixinal
1700 000 000 ptas. (10.217.205,77€)
Remodelación
1.238.026,88€
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 68
Capacidade11.922
PropietarioConcello de Ferrol
LocalíaRacing de Ferrol

O seu propietario é o Concello de Ferrol e o Racing Club de Ferrol xoga como local os partidos de fútbol que alí se disputan.

Historia editar

Construíuse en substitución do antigo Estadio Manuel Rivera, situado no barrio do Inferniño, que daba paso a unha gran praza pública e a un centro comercial.

Foi construído pola empresa Agromán e financiado con 1.700 millóns de pesetas (algo máis de 10 200 000 euros) pola Xunta de Galicia. Foi proxectado por un equipo de cinco arquitectos: Juan Pérez López de Gamarra, Francisco Iglesias Miño, Juan Rey-Cabarcos, Vicente Fernández-Couto e Alfredo Alcalá Navarro.

O primeiro partido disputouse o 18 de abril de 1993 nun partido de liga entre o Racing e o Atlético de Madrid B (3-2). Porén, inaugurouse oficialmente o 29 de agosto de 1993 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Club Deportivo da Coruña.

Dende a estrea da Malata, o Racing de Ferrol xogou en Segunda División nas seguintes campañas:

A Malata en Segunda División
2000/01, 2001/02, 2002/03, 2004/05, 2005/06, 2007/08, 2023/24

Neses anos enfrontouse a equipos como o Atlético de Madrid, Real Sociedade, Sevilla, Betis, Zaragoza, Levante, Xetafe, Español, Valladolid, etc.

O estadio de Ferrol tamén é escenario dos partidos do trofeo Concepción Arenal (nacidos en 1953), destacando as edicións de 1994 (con Aston Villa e Atlético de Madrid como contendentes, con vitoria británica. ) e 1995 (co Zaragoza e Ajax, coa vitoria final do equipo holandés). Nese ano tamén se disputou un partido amigable entre o Racing de Ferrol e o Borussia Dortmund.

Instalacións editar

O Estadio da Malata está situado nun terreo de propiedade municipal de 144.806 metros cadrados situado xunto ao recinto feiral de Punta Arnela e a enseada da Malata. O campo ten unhas dimensións de 105 por 68 metros e está feito de herba natural, tipo Ray Grass English, instalado en xullo de 2023. A capacidade orixinal do estadio era de 12.043 espectadores, todos eles en interiores. A capacidade total do estadio reduciuse atendendo a diferentes esixencias de adaptación das instalacións (plataformas VAR, novas bancadas, nova zona de prensa e TV...) situándoo por debaixo das 12.000 prazas. En concreto, segundo os últimos datos facilitados pola dirección deportiva (agosto de 2023) hai 11.922 espectadores. A capacidade mantense (setembro de 2023) en 10.500 espectadores, mentres que as filas 1 e 2 non están dispoñibles, ata que se substitúan os valos que impiden visibilidade en ambas as filas por un novo peche perimetral.

O estadio está equipado cun sistema de rega mediante aspersores emerxentes, dous marcadores electrónicos, vestiarios, cafetería, despachos, zona de radio, prensa e TV, tecnoloxía VAR, sistema de CCTV, iluminación LED, sala antidopaxe, sistema contra incendios, etc. iluminación e megafonía de emerxencia, etc...

Tamén conta cunha piscina cuberta climatizada e outras instalacións deportivas (ximnasio, rocódromo, spa, estanque para kayak-polo, parque de patinaxe). Tamén conta cun campo anexo de 93 x 58,5 m de herba natural e dende o ano 2004, 2 campos de fútbol 7 herba artificial.

Xemelgo da Malata editar

O Estadio da Malata foi tomado como modelo (xunto co Estadio Multiusos de San Lázaro pero sen pistas de atletismo) á hora de construír o Estadio Municipal Reino de León.

Tanto as dimensións do rectángulo de xogo (105 x 68) como as bancadas da Malata son idénticas ás do Reino de León. O recinto ferrolán conta con 11.922 prazas, todas elas cubertas (fronte ás 13.451 do estadio leonés)

Partidos internacionais editar

O 12 de novembro de 2014 disputouse na cidade de Ferrol o primeiro partido de seleccións internacionais, enfrontándose ás seleccións sub-21 de España e a Bélxica.