Apeadoiro de Elviña-Universidade

Coordenadas: 43°20′07″N 08°24′47″O / 43.33528, -8.41306

Elviña-Universidade é un apeadoiro de tren de Adif situado na parroquia de Elviña, no concello da Coruña. Dá servizo á propia localidade de Elviña e principalmente ao campus da Universidade da Coruña.

Elviña-Universidade
Apeadeiro de Elvina Universidade A Coruña.jpg
Apeadoiro de Elviña Universidade.
SituaciónA Coruña
Liñas
Media distanciaMD
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
Liña UDC (Compañía de Tranvías da Coruña)

Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. No ano 2008 tivo un tráfico de 6.000 pasaxeiros, o que equivale a uns 16 pasaxeiros diarios de media. Porén, logo de 2017, os datos de Renfe Operadora indicaban que menos dun milleiro de persoas empregaban esta estación anualmente.[1]

Situación ferroviariaEditar

O apeadoiro atópase no punto quilométrico 547,9 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[2], entre as estacións do Burgo-Santiago e A Coruña. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

A estaciónEditar

Foi inaugurada en outubro de 2002, aínda que non entrou en funcionamento ata xullo de 2003.[3] Foi concibida para dar servizo ao Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Para iso construíuse un sinxelo apeadoiro dotado dun refuxio e unha plataforma de 150 metros de longo.[3] Unha única vía accede ao mesmo. En total o investimento alcanzou os 480.000 euros.[3]

Servizos ferroviariosEditar

Media distanciaEditar

Actualizado a 10 de setembro de 2020.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

NotasEditar

  1. R. D. Rodríguez (2018-01-14). "El apeadero del tren del campus de Elviña moviliza menos de mil usuarios al año". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  2. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  3. 3,0 3,1 3,2 O apeadoiro máis exclusivo La Voz de Galicia

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar