Tradicionalmente dividiuse a comunidade planctónica en fitoplancto ou plancto vexetal e en zooplancto ou plancto animal.[1]

Un eufausiáceo (krill).
Un copépodo.

Denomínase zooplancto[2] á fracción do plancto constituída por seres que se alimentan por inxestión, de materia orgánica xa elaborada. Intégrana protozoos, é dicir, protistas diversos, fagótrofos que engloban o alimento fagocitándoo, e tamén por larvas de animais máis grandes, como esponxas, vermes, equinodermos, moluscos ou crustáceos e doutros artrópodos acuáticos, así como formas adultas de pequeno tamaño de crustáceos como copépodos ou cladóceros, rotíferos e fases xuvenís de peixes.

Son heterótrofos que oupan na cadea trófica as primeiras posicións de consumidores, alimentándose dos produtores primarios (compoñentes do fitoplancto), de organismos descompoñedores (como bacterias) ou doutros compoñentes do zooplancto. Algúns se alimentan de residuos orgánicos particulados.

En moitos casos os integrantes do zooplancto gardan unha gran proximidade sistemática con outros do fitoplancto, ás veces incluso son do mesmo xénero. Por exemplo, moitas algas unicelulares flaxeladas simultanean ou alternan a fotosíntese coa inxestión de alimentos orgánicos.

Integrantes do holoplancto editar

Integrantes do meroplancto ou plancto temporal editar

  • Larvas de invertebrados (non crustáceos nin equinodermos)
  • Larvas de crustáceos
    • Nauplio, zoea, megalopa, cipris etc.
  • Larvas de equinodermos
    • Pluteus

Notas editar

  1. "zooplancto no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2013.  Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  2. Do grego ζωον zōon, "animal", e plancto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar