Un pseudópodo (do grego pseudos falso e de podo pé) é unha prolongación do citoplasma dalgúns organismos unicelulares como as amebas, na cal unha serie de proteínas van fluír nun sentido mediante as fibras de miosina. Isto servirá ó organismo para se desprazar ou se alimentar.

Amoeba proteus estendendo pseudópodos lobosos (lobopodios).

Funcións editar

  • Locomoción. Os pseudópodos constitúen un dos tres modos da locomoción dos organismos unicelulares (xunto con flaxelos e cilios).
  • Alimentación. Os pseudópodos rodean o alimento ata encerralo nun vacúolo (fagocitose). A fagocitose preséntase en diversos grupos do protistas, pero tamén nalgunhas células (fagocitos) de organismos pluricelulares.

Clasificación segundo a súa morfoloxía editar

Os pseudópodos poden ser de varios tipos segundo o seu aspecto:

  • Lobopodios: grosos, curtos e con extremos arredondados, típicos de Amoebozoa.
  • Filopodios:[1] máis finos e cos extremos rematados en punta, consistindo principalmente en ectoplasma. Estas formacións apóianse en microfilamentos.
  • Reticulopodios: tamén coñecidos como pseudópodos reticulados, é onde os finos pseudópodos individuais se amorean entre si e forman unha rede irregular no exterior do protozoo. Preséntanse nos foraminíferos.
  • Axopodios:[2] son pseudópodos finos, longos e ríxidos. Conteñen complexos grupos de microtúbulos envolvidos por citoplasma. Obsérvanse en radiolarios e en heliozoos. Tamén reciben o nome de actinopodios. Utilízanse principalmente para a alimentación, xa que interveñen na fagocitose ao retraerse rapidamente en resposta a un contacto físico.[3]
  • Lamelipodios: son pseudópodos anchos e planos como lamelas usados na locomoción.[3] Están soportados por microfilamentos que se forman no bordo de avance, creando unha rede enguedellada interna.[4]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  1. Definición de filopodio no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Definición de axopodio no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. 3,0 3,1 "Pseudopodia". Arcella.nl. May 23, 2017. Arquivado dende o orixinal o 2018-12-16. Consultado o 2018-12-16. 
  4. Bray, Dennis (2001). Cell Movements: From molecules to motility. 2ª edición.