Selección de rugby de Italia

selección de rugby a 15 de Italia

A Selección de rugby de Italia representa a Italia intenacionalmente no deporte do rugby. O equipo, tamén coñecido coma os Azzurri (os Azuis), leva xogando ao rugby dende finais dos anos 20 do século XX, e hoxe en día está considerado como un dos equipos punteiros do rugby europeo. Italia compite anualmente no torneo das Seis Nacións con Escocia, Francia, Gales, Inglaterra e Irlanda.

Italia
Escudo de camisola/Emblema da asociación
Alcume(s)Azzurri
UniónFederazione Italiana Rugby
AdestradorConor O'Shea
CapitánSergio Parisse
Mais capsSergio Parisse (134)
Máximo anotadorDiego Domínguez (983)
Máis ensaiosMarcello Cuttitta (25)
EstadioStadio Olimpico (70 634)
Casa
Fóra
Ranking World Rugby
Actual12 (2 de decembro de 2019)
Máximo8 (2007)
Mínimo15 (2015 e 2017)
Estrea internacional
España España 9−0 Italia Italia
Barcelona, España; 20 de maio de 1929
Maior vitoria
Italia Italia 104−8 República Checa República Checa
Viadana, Italia; 18 de maio de 1994
Maior derrota
Suráfrica 101−0 Italia Italia
Durban, Suráfrica; 19 de xuño de 1999
Copa do Mundo
Participacións8 (primeira en 1987)
Mellor resultadoFase de grupos (1987, 1991, 1995, 1999, 2003, 2007, 2011, 2015 e 2019)
Os Azzurri sacan de centro

Posibelmente o rugby italiano acadase a súa meirande transcendencia internacional cando, no ano 2000, Italia pasou a formar parte do torneo das Cinco Nacions, creando o que hoxe se coñece como o RBS 6 Nations. Orixinariamente os italianos só sufrían humillantes derrotas neste torneo mais, pouco a pouco, as tornas foron cambiando e os Azzurri chegaron a quedar cuartos en 2007, e aínda nas derrotas non son tan amplas coma nos primeiros anos, non obstante hoxe ocupan a duodécima posición na listaxe mundial[1].

Italia tamén competiu en tódolos mundiais que tiveron lugar até a data de hoxe dende a súa primeira edición en 1987, aínda que nunca conseguiron pasar a primeira rolda. A súa mellor actuación foi nos mundiais de 2003 e de 2007, onde conseguiron dúas vitorias na fase de grupos.

O seu adestrador actual é o francés Jacques Brunel.

Equipamento editar

 
Escudo da selección na camisola
 
Escocia - Italia 18 a 16

Italia xoga con camisola azul, que dende 2007 está elaborada pola compañía piemontesa Kappa, e o banco italiano Cariparma (Cassa di Risparmio di Parma e Piacenza S.p.A.) é o seu patrocinador oficial.

Rexistros editar

Copa do Mundo de Rugby editar

Participacións de Italia na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987   Nova Zelandia e   Australia Primeira Fase
1991   Inglaterra[2] Primeira Fase
1995   Suráfrica Primeira Fase
1999   País de Gales[3] Primeira Fase
2003   Australia Primeira Fase
2007   Francia[4] Primeira Fase
2011   New Zealand Primeira Fase
2015   Inglaterra[5] -

Seis Nacións editar

   
Escocia
 
Francia
 
Gales
 
Inglaterra
 
Irlanda
 
Italia
Torneos 121 86 121 119 121 16
Vitorias (compartidas) 14 (8) 17 (8) 26 (10) 26 (10) 13 (9) 0 (0)
Grand Slam 3 9 11 12 2 0
Tripla Coroa 10 N/A 20 24 10 N/A

Rexistros de xogadores editar

Máis partidos coa selección editar

 
Italia

A listaxe seguinte recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección italiana[6]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos. É preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partidos disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. O xogador que máis partidos xogou até o momento cos Azzurri é Alessandro Troncon, retirado da selección en 2007, con 101 convocatorias, o que o converte no sétimo xogador con máis partidos coa súa selección da historia.

En letra grosa xogadores en activo coa selección italiana.:

  1. Marco Bortolami - 105
  2. Martin Castrogiovanni - 105
  3. Sergio Parisse
  4. Andrea Lo Cicero - 103
  5. Alessandro Troncon - 101

Máis ensaios editar

Marcello Cuttitta é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Italia[6].

  1. Marcello Cuttitta - 25
  2. Paolo Vaccari - 22
  3. Carlo Checchinato - 21
  4. Manrico Marchetto - 21
  5. Alessandro Troncon - 19

Puntos editar

O récord de puntos marcados posúeo Diego Domínguez con 983 puntos[6], que é o terceiro xogador da historia en número de puntos coa súa selección nacional despois do galés Neil Jenkins e do inglés Jonny Wilkinson (xogador aínda en activo).

  1. Diego Domínguez - 983
  2. Stefano Bettarello - 483
  3. Luigi Troiani - 294
  4. Ramiro Pez - 260
  5. Mirco Begamasco - 256

Notas editar

  1. IRB Ranking Arquivado 10 de agosto de 2011 en Wayback Machine., consultado a 29 de marzo de 2009 (en inglés)]
  2. coa asistencia de País de Gales, Escocia, Irlanda e Francia
  3. coa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia
  4. coa asistencia de País de Gales e Escocia
  5. coa asistencia do País de Gales
  6. 6,0 6,1 6,2 Estatísticas en SuperRugby Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine., consultado o 25 de marzo de 2009 (en inglés)