Peter Eisenman

arquitecto estadounidense

Peter Eisenman, nado en Newark (Nova Jersey) o 11 de agosto de 1932, é un arquitecto estadounidense coñecido por amosar un certo parelelismo entre os seus proxectos e as súas ideas filosóficas e teorías literarias. Englóbase, especialmente grazas aos seus últimos traballos, dentro do estilo arquitectónico desconstrutivista.

Infotaula de personaPeter Eisenman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Columbia High School (en) Traducir
Universidade Cornell
Columbia Graduate School of Architecture, Planning and Preservation (en) Traducir
Trinity College
Cornell University College of Architecture, Art, and Planning (en) Traducir
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Yale School of Architecture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoArquitetura pós-moderna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioEisenman, Peter David‏ Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCynthia C. Davidson
Elizabeth Henderson
IrmánsRobert Eisenman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2170946 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Educación editar

 
Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Fixo os seus estudos de secundaria no Columbia High School, Maplewood. Xa na universidade obtivo o grao en arquitectura pola Universidade de Columbia e un máster e doutoramento na Universidade de Cambridge. Dende o ano 2003 recibiu un total de catro títulos de Doutor honoris causa, pola Università La Sapienza (Roma), a University of Illinois (Chicago), o Pratt Institute (Nova York) e Syracuse University (tamén en Nova York).

Carreira editar

 
Memorial do holocausto en Berlín.

A finais dos anos cincuenta foi colaborador de Walter Gropius, e no 1975 foi un dos integrantes dos Five Architects. En 1982 fundou o Institute for Architecture and Urban Studies, de Nova York.

Peter Eisenman, descendente de inmigrantes xudeus alemáns de Estrasburgo, é internacionalmente recoñecido pola súa visión provocadora da arquitectura. Construíu unha serie innumerable de proxectos a grande escala incluíndo o Wexner Center para as Artes na Ohio State University, o Greater Columbus Convention Center en Columbus, Ohio, e o Aronoff Center for Design and Art na Universidade de Cincinnati.

Como resultado do concurso de ideas que gañou, constrúe en Santiago de Compostela a Cidade da Cultura, un conxunto de edificios destinados a actividades culturais. Unhas obras que lle levaron a completar un deseño orixinal da cidade de John Hejduk e a colaborar cos arquitectos españois Andrés Perea e Andrés Jaque. As obras foron obxecto de polémicas públicas pola súa xestión económica e polas dúbidas sobre a súa utilidade posterior.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar